SVE ERASMUS+

¿QUERES SER VOLUNTARIO EN EUROPA?

Pasate pola Oficina de voluntariado europeo do Concello de Lousame e informate.

O Concello de Lousame, é actualmente entidade de envio, coordinación e receptora de voluntarios europeos.

O Servicio de Voluntario Europeo (SVE), permite realizar un voluntariado de varios meses (entre 2 e 12) en outros países.  Os participantes que teñen o aloxamento, transporte e manutención financiados pola Unión Europea. Para participar debes ter entre 17 e 30 anos.

Podes buscar os proxecto que hai actualmente no seguinte enlace:

https://europa.eu/youth/volunteering_es podes facer a busqueda por país de envío ou recepción, por data de realización ou por tipo de proxecto.

Mais información:

http://erasmusplus.injuve.es/acciones/voluntariadoeuropeo/

Oficina de Voluntariado do Concello de Lousame 981820494