Vexetación

     As formacións vexetais que temos en Lousame, están caracterizadas polo predominio do pino marítimo Pinus pinaster aínda que tamén se repoboou e séguese a repoboar con pino radiata, Pinus insignis ou de Monterrey e nestes últimos anos empézase a introducir o Pino de Oregón. Xunto a éstes tres cada vez abunda máis, chegando a predominar na paisaxe, outra especie foránea de introdución máis recente: o eucalipto Eucaliptus globulus.Tan só nas fragas fondas dalgúns vales se conserva algún rodal de bosque atlántico formado por especies autóctonas coma os carballos Quercus robur ou os castiñeiros Castanea sativa entre outras especies asociadas ás mesmas, tales coma Alnus glutinosa (ameneiros), Corylus avellana (abeleiras), Fraxinus excelsior (freixos), Salix sp. (salgueiros). Tamén nas ladeiras de umbría podemos atopa-lo acivro, Ilex aquifolium.