RECOLLIDA DE ENSERES

Ponse en coñecemento de todos os veciños e veciñas que a recollida  de  enseres  (mobles,  electrodomésticos,  etc)  polos  servizos  responsables se realizará de acordo coas seguintes regras:  

Cando  se  trate  de  aparellos  eléctricos  ou  electrónicos  (electrodomésticos,  equipos informáticos, ferramentas  eléctricas,  etc),  os  interesados  deberán  comunicarllo  ao  Concello  de  Lousame  chamando  ao  teléfono  981  820  494,  a  fin  de  organizar recollida mensual dos residuos.

Cando se trate de outro tipo de enseres, os interesados deberán  comunicalo  ao  servizo  de recollida  de lixo  da  Mancomunidade  Serra do Barbanza, no teléfono 981 191 240.

Está  prohibido  o  depósito  inxustificado  de  residuos  xunto  aos  colectores de lixo ou en lugares non habilitados para ese fin. En caso  de  incumprimento,  o  Concello  de  Lousame  adoptará  as  medidas  pertinentes, impoñendo no seu caso as sancións que procedan.