UNED Sénior

Uned Senior

 

Cursos 2º Cuatrimestre:

Horta labrega

Saberes e sabores das nosas froitas

Marzo a Xuño de 2016

Aula de Toxosoutos

 

O alumnado de “Horta labrega” aprenderá nocións de botánica, prantación e coidados das diferentes hortalizas, prantas silvestres e plantas medicinais das hortas da comarca. Así mesmo, coñecerán como loitar contra as plagas e as enfermidades na horta, así como a xestionar a auga na prantación. Finalmente, aprenderán a elaborar preparados tanto para a saúda de horta como para a saúde humana coas hortalizas propias.

No caso de “Saberes e sabores das nosas froitas”, o alumnado prantará unha horta de froiteiras, aprendendo as distintas técnicas de poda como de multiplicación da horta (sementes, enxertos, estaquiñas...). Ademais de aprender técnicas para a colleita do froito e a súa conservación, os alumnos tamén coñecerán como loitar contra os problemas sanitarios das froiteiras.