Carné Xove

Que é o carné xove?

Unha tarxeta persoal e intransferible á disposición da mocidade galega, que a acredita como tal, e coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40 países europeos adheridos ao programa do Carné Xove, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.

Todas as mozas e mozos entre 12 e 30 anos, ambos os dous inclusive, poden facelo.

A vixencia é de dous anos a partires da data de expedición (e sempre sen superar os 30 anos, inclusive)

Onde facelo?

No Concello de Lousame no servizo de información xuvenil.

Ademais:

Servizos de Xuventude dos Departamentos Territoriais da Consellería de Política Social.

Oficinas Locais de Pontevedra e Ferrol.

Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil. Rúa Ramón Piñeiro 17-19. 15703 Santiago de Compostela.

Nos servizos de información xuvenil integrados na rede galega de información e documentación xuvenil.

Finalidade

O seu obxectivo é facilitar os mozos e mozas de 12 a 30 anos o acceso a diferentes bens e servizos a través de descontos ou vantaxes. Estes bens e servizos abranguen todos os ámbitos: cultural, aloxamento, transportes, comercial, ensino, etc.

Este carné está homologado cos que emiten o resto das comunidades autónomas e países de Europa que están adheridos a este programa, polo que o poderedes utilizar en calquera deles nas mesmas condicións, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.

Ademais, entre as prestacións do Carné Xove destacan os servizos finaceiros e as garantías no estranxeiro, a través das cales a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pretende fomentar o desenvolvemento, a mobilidade e a mellora de condicións de vida cotiá dos mozos e mozas galegos.

 

Os posuidores do carné xove tedes un seguro de balde que cubre o maior número de continxencias posibles nos desprazamentos para que así poidades facer fronte aos imprevistos que poidan xurdir nas viaxes.

 

Mais información: carné xove