Actividades

 

Na actualidade, as actividades deportivas que se veñen organizando son:

Escolas deportivas.

Ximnasia de Mantemento.

Ximnasia para Maiores

Escola de Fútbol.

 

 

      No presente curso 2015-2016, hai escolas deportivas depredeporte, fútbol sala, baloncesto, voleibol, tenis de mesa e tenis en horario de 13:40 a 15:30 nas instalacións deportivas do CPI \"Cernadas de Castro\" e no Polideportivo Municipal \"Pilar Barreiro Senra\". Nestas escolas deportivas hai nenos das categorías: benxamín, alevín, infantil e cadete.

 

As tarifas serán as seguintes:
 
ESCOLA DEPORTIVA.
Período
Empadroados neste Concello/€
Non empadroados neste Concello/€
Fútbol.
curso escolar
120,00
160,00
Ximnasia de mantemento.
mes
8,00
10,00
Aerocombat.
mes
8,00
10,00
Escolas deportivas impartidas no CPI Cernadas de Castro.
curso escolar
12,00
12,00
Resto de Escolas Deportivas Municipais
mes
8,00
10,00

 1. Aplicarase unha bonificación do 20% sobre os prezos establecidos para a Escola Deportiva de Fútbol no artigo seguinte, nos seguintes casos:

     Os alumnos que acrediten a súa pertenza a familia numerosa.
     No caso de matriculación simultánea de dous irmáns, resultará bonificada a matriculación do irmán menor.
 
2. Aplicarase unha reducción na tarifa do 20% sobre os prezos establecidos con carácter xeral no artigo seguinte, para os xubilados ou persoas maiores de 65 anos.
 

O ximnasio está aberto de luns a xoves en horario de 19:00 a 22:00 horas.

Tarifas do ximnasio:

   O prezo público por utilización do ximnasio municipal aboaráse polo sistema de autoliquidación, pagando na Caixa Galicia na conta do Concello de Lousame. As cotas son as seguintes[1]

     Bono anual de 11 meses. Cota de 60 € por persoa con dereito a tres horas semanais.

     Bono mensual. Cota de 6 € por persoa con dereito a tres horas semanais.

     Bono anual: 120 € por clubes ou asociacións deportivas legalmente constituídas con dereito a dous días á semana durante dúas horas.

 Bonificación: terán bonificación do 50 % do prezo público os minusválidos e mailos titulares de carné xove.

¿Qué teño que aportar para inscribirme no Ximnasio Municipal?

   Foto

   Fotocopia DNI

   Recibo de pago

 

[1] Fonte: Boletín Oficial de la Provincia nº 27 de 2 de febreiro de 2001, páxina 921, Nº 14 ORDENANZA FISCAL REGULADOR DO PREZO PÚBLICO POR UTILIZACIÓN DO XIMNASIO MUNICIPAL, Artigo 4º. Tarifas