Axencia de Lectura

A Axencia de Lectura de Lousame atopase na primeira planta da Casa da Cultura.

  • Enderezo: Casa da Cultura de Lousame. Portobravo s/n. 15214 Lousame.
  • Teléfono: 981 825 780
  • Correo Electrónico: biblioteca@concellodelousame.com
  • Horario de Inverno:
      • Mañáns:09.00-14.00 horas.
  • Horario de Verán:
      • Mañáns: 08:30-14.00 horas
  • Postos de lectura:
      • 12 para adultos.
      • 5 para nenos.
  • Servicios:
      • Actividades Culturais.
      • Información Bibliográfica.
      • Sección Infantil e Xuvenil.
      • Sección Local.
      • Préstamo a domicilio.
      • Lectura en sá.
      • Lector de Cd-rom.
      • Conexión a Internet, a través do programa "Internet nas bibliotecas". Dito programa está dirixido ás bibliotecas públicas, a través das Comunidades Autónomas e ten por obxectivo levar a banda ancha e o uso das novas tecnoloxías ás bibliotecas públicas.

     Os ordenadores xestionados:

      • PC (APD ALDA 865gv): son pcs instalados na Biblioteca Municipal desde os cales se poden realizar tarefas ofimáticas e acceso a Internet
      • Ordenadores de invitado: é un portátil propiedade do usuario que pode levar á biblioteca para conectarse á Internet a través da rede inalámbrica. Calquera usuario pode utilizar o se u propio ordenador portátil. Basta con que o ordenador teña a súa propia conexión WIFI e o usuario o manteña no radio de cobertura do Punto de Acceso da Biblioteca. O usuario deberá seleccionar a rede inalámbrica de nome "biblio_galicia_int", e conectarase directamente á Rede de Área Local da Biblioteca. Ademais, para poder navegar deberá estar rexistrado como usuario do sistema Internet nas Bibliotecas, o cal pode facer na propia Biblioteca de Lousame.
      • Impresora de inxección de tinta
      • Escáner
      • Ligazóns de interese:
      • http://www.red.es
      • http://internetenlasbibliotecas.red.es/

 

  • Fondos:
    • Libros.
    • Materiais específicos: DVD, Cd-Rom e Vídeo.