| Concello de Lousame |
| SAN XUSTO DE TOXOSOUTOS |
|||||
Consta dos seguíntes núcleos de poboación: Bargo, Fontefría, Madeiro, Sabugueiro, San Xusto e Sedofeito. Esta é a parroquia máis septentrional do Concello. Limita polo norte con Brión, polo sur coas parroquias de Lesende e Vilacoba, polo este con terras de Rois, e polo oeste con Noia. Éesta parroquia na que as suas terras teñen a maior altitude, situándose a parte máis baixa, por riba dos 200 m.s.n.m. O Costoira e Pena de Ferro, que son os puntos máis altos, chegan a acadar os 532 m. Tódalas aldeas se ubican por riba dos 300 m., e están emprazadas procurando buscar as beiras do río San Xusto, que nace máis arriba de Fontefría, a 430m de altitude, cota na que se sitúan tamén Sabugueiro e Bargo. A maior parte de San Xusto está adicada a monte baixo, e no que se refire ós cultivos predominan as praderías, polo que se deduce a maior importancia da gandeiría con respecto á agricultura. Outro elemento favorecedor da gandeiría, é a dureza do clima xunto coa escasa fertilidade das terras. Pese a estas duras condicións xeográficas, esta parroquia é a millor comunicada, se temos en conta que a estrada de maior entidade do Concello atravesa por ela seguindo o trazado do río San Xusto, a AC-543, que comunica Noia con Santiago. No que atinxe á historia, nas terras de
San Xusto tivo lugar un feito de gran relevancia ó longo de toda a Idade Media,
como é a construcción do Mosteiro bieito de San Xusto, as súas ruinas podense
hoxe observar ó pé dunha fervenza no río do mesmo nome. Formando parte do
entorno do antigo mosteiro está a Igrexa parroquial.
|