| Concello de Lousame |
| SAN MARTIÑO DE FRUÍME |
||||
Compónse de dez aldeas: Aldarís, Ardeleiros, Arribas, Burzó, Cabaleriza, Escabia, Fruíme, Millón, Vilas e Zaramagoso. Ocupa o extremo suroccidental do Concello e linda con Vilacoba polo norte, con Boiro e Rianxo polo sur, con Rianxo tamén polo este e con Lousame polo oeste. Nesta parroquia de Fruíme está o segundo monte máis elevado do concello, A Muralla, que xunto con unha serie de picos de entre 500 e 600 metros forman a Serra que desemboca na parroquia de Taragoña, en Rianxo, e na que dende hai dous anos está situado o Parque Eólico Monte Treito (coma tamén se lle chama a A Muralla). Toda a parroquia está drenada polo único río do
concello que desauga na Ría de Arousa, o Beluso ou da Escabia. É tamén no val
que forma este río onde se sitúan os núcleos de maior poboación e as estradas
que os comunican. A aldea de Aldarís é a situada a maior altitude, a 400 m.
xunto coas de Vilas, Burzó e Arribas, todas elas a máis de 300 metros.
|