Concello de Lousame    

IGREXIA PARROQUIAL DE SAN MARTIÑO DE FRUIME

Situación     Outros edificios da parroquia
   

Parroquia de San Martiño de Fruíme
Igrexa de San Martiño de Fruíme

 

[Ver máis fotos da Igrexa de San Martiño de Fruíme]

 

     Está datada no S. XVII e a reconstrucción da mesma que temos na actualidade, é de estilo barroco, aínda que a fábrica orixinal é románica. Ten planta de cruz grega formada por unha nave central cuberta por bóveda de canón e dúas capelas laterais formando deste xeito a cruz.

     A capela das Dores, a máis antiga, está cuberta por bóveda de aresta, mentres que a das Cabezas cóbrese con boveda de canón.

     Situada entre o presbiterio e a capela das Dores, atopamo-la sancristía. A igrexa foi reconstruida no 1867, data da que probablemente é a fachada principal. Posúe axeitadas proporcións e composición tradicional. É simétrica, con porta principal sinxela, e cunha fornela ca imaxe do patrón, San Martiño. Sobre este hai un oco que ilumina o coro.

     Nos laterais da fachada remárcanse dúas pilastras que recollen as molduras da cornixa perimetral e as das vertentes da cuberta, interrompidas no centro por unha espadana de dous arcos.

 

sitemap