Buscador: Versión en Castellano  
BENVIDO         ESTA SEMANA RESALTAMOS:
CULTURA
NOVAS Aula de Informática
MAPA DO CONCELLO Biblioteca
SITUACIÓN E DESCRIPCIÓN Banda de Música
Relevo Grupo de Gaitas
Hidrografía Grupo de Teatro
Clima Actividades
Vexetación MEDIOAMBIENTE
Paisaxe
DEPORTES
Poboación e Hábitat Instalacións
Parroquias e Aldeas         O QUE ESTÁ PASANDO EN LOUSAME... Actividades
Economía Hípica
HISTORIA Reserva de Pavillón
A Historia Figuras de deporte
Minas de San Fins SANIDADE
Mosteiro de San Xusto Centro Médico
Cura de Fruíme Xornadas sobre a saúde
PATRIMONIO EDUCACIÓN
Restos Arqueolóxicos Colexio de A Silva
Arquitectura Relixiosa *Amósanse as novas correspondentes ós últimos 30 días Escola de O Sanguiñal
Arquitectura Popular         ACTIVIDADES DE CULTURA A DESTACAR.... Escola de Música
Arquitectura Civil SERVICIOS SOCIAIS
TURISMO E LECER OFERTAS DE EMPREGO
Turismo ASOCIACIÓNS
Festas e Romarías Quero crear unha asociación
Sendeirismo Asociacións de Veciños
Aloxamento Asociacións de Amas de Casa
Onde comer Asociacións de Montes
DESCARGAS Outras Asociacións
Documentación SUBVENCIÓNS
Outras CONTACTA CON NÓS
O CONCELLO XUVENTUDE (O.I.X.)
Equipo de Goberno TECNICO DE EMPREGO
Servicios Municipais BUZÓN DE SUXERENCIAS
METEOROLOXÍA
I.N.M.
Meteogalicia
Algunhas fotos do concello
Turmas: Turismo e Medio Ambiente Sostible
TABOLEIRO DE ANUNCIOS:

Recibe no teu correo todas as novas

Dia Internacional do Voluntariado
Data deste anuncio: 04/12/2008 14:00:00 Departamento: Servizos Sociais e OIX

DÍA INTERNACIONAL DO VOLUNTARIADO
5 DECEMBRO

Con motivo da celebración do Día Internacional do Voluntariado, o 5 de decembro, no Concello de Lousame desenvolveranse as seguintes actividades:

No venres 5 na Casa de Cultura:
Ás 19:00h
- Exposición III Concurso de Debuxo sobre Voluntariado,
- Entrega de premios.

Ás 20:00h
- Xuntanza das PERSOAS VOLUNTARIAS

 

ORGANIZA: COLABORA:
Concellería de Servizos Sociais
Oficina de Información Xuvenil do Concello de Lousame.
   
Mais informacion neste documentos - > Documento  


Campaña de Squi 2009
Data deste anuncio: 04/12/2008 12:30:00 Departamento: Deportes
Aberto o prazo de inscrición na “Campaña de Esquí 2009”, organizada
pola Deputación da Coruña.Esta actividade vai dirixida a rapaces/as de
10 a 13 anos, ambos inclusive. A cota de participación é de 100 euros.

Este programa inclúe estancia e manutención nun hotel de 3 estrelas na
cidade de Granada, así coma actividades de esquí na Estación Invernal
de Serra Nevada, actividades complementarias, visita a Alambra de
Granada e o Parque das Ciencias.

Os/as participantes do Concello de Lousame, participarán na quenda do
31 de Xaneiro ó 7 de Febreiro.Os/as interesados/as deben inscribirse na
Oficina de Deportes do concello, ou ben chamando ó 981820494.

Máis adiante farase un sorteo público ante a secretaria do concello, por mor
de contar con só 5 prazas para esta actividade.



Xantar na Casa
Data deste anuncio: 19/11/2008 14:14:00 Departamento: Servizos Sociais

O CONCELLO DE LOUSAME, en colaboración coa Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a través do Consorcio Galego, vai poñer en marcha o Programa Xantar na Casa.

Consiste en proporcionar o xantar diario nas casas daquelas persoas que presenten dificultades para a elaboración das comidas.

Aportación da persoa usuaria: 1,82€ por cada comida.

 

OBXECTIVOS:

Facilita-la permanencia no domicilio das persoas maiores proporcionando unha alimentación de calidade e nutritiva.
Evitar o deterioro da calidade de vida das persoas maiores por teren unha dieta inadecuada.
Previr situacións de risco no proceso de elaboración das comidas.
Facilitar un respiro ás familias e/ou coidadores e impulsar medidas de apoio.

PERSOAS BENEFICIARIAS:

Persoas maiores de 60 anos que teñan limitada a súa capacidade de autonomía persoal e vivan soas.
Persoas dependentes que carezan de apoio familiar e requiren de axuda para preparación de alimentos.
Persoas menores de 60 anos que se atopen en situación precaria.

INFORMACIÓN e SOLICITUDE: SERVIZOS SOCIAIS 981.820494



Xornadas Alimentación Saudable Imaxes
Data deste anuncio: 29/10/2008 8:30:00 Departamento: Servizos Sociais

Xornadas Alimentación Saudable

Imaxes das charlas

As Xornadas de Alimentación Saudable, teñen unha boa acollida, cunha participación de 73 persoas repartidas por diferentes núcleos de Lousame:

------------------------------
A Escabia
A Filgueira
Portobravo
Tállara
-------------------------------

Ver imaxes


Inaguración do curso Educación de Adultos.
Data deste anuncio: 20/10/2008 10:00:33 Departamento: Cultura
Hoxe luns 20 de outubro comezou as clases de Educación de Adultos para a obtención do graduado en ESO no Concello de Lousame. Con 50 alumnos matriculados, as clases celebraranse a partir das 8 da tarde de luns a venres na Casa de Cultura de Lousame. Asisten á inaguración do curso a Concelleira de Cultura Teresa Villaverde.

Escolas Deportivas Municipais
Data deste anuncio: 09/10/2008 10:30:00 Departamento: Deportes
Xa esta aberto o prazo de inscripción da Escola Deportiva Municipal, impartiranse no horario de comedor nas instalacion deportivas do C.P.I Cernadas de Castro. Prazo de inscripción ata o Xoves 23 de outubro. Tlf 981820494 - Deportes.

Escola Municipal de Fútbol
Data deste anuncio: 06/10/2008 Departamento: Deportes

Escola de Fútbol

Esta en funcionamento a escola municipal de fútbol,

que consta de 3 categorias, Benxamin, Infantil e Xuvenil.

Escola de Fútbol

Mais información no Tlf -981820494 - Deportes

   
   

Clasificacións

Benxamins - Infantis - Xuvenis

   
   


Proxecto Concello Saudable
Data deste anuncio: 05/09/2008 14:25:14 Departamento: Asuntos Sociais

PROXECTO
CONCELLO SAUDABLE

PROGRAMA DE PROMOCIÓN DA VIDA SEN TABACO,
ALCOHOL E OUTRAS DROGAS.

PROGRAMA DE PROMOCIÓN DA ACTIVIDADE FÍSICA

PROGRAMA DE PROMOCIÓN DA ALIMENTACIÓN SAUDABLE

PROGRAMA DE EDUCACIÓN PARA A SAÚDE

¿Qué é o Proxecto Concello Saudable? É un proxecto de promoción de estilos de vida saudable, que se desenvolve no Concello de Lousame, en colaboración coa Dirección Xeral de Saúde Pública e Consellería de Sanidade. Coa finalidade de fomentar programas de promoción da saúde, que impulsen a participación dos veciños e veciñas e promovan ambientes onde sexa máis fácil practicar comportamentos e estilos de vida saudable. ¿Cáles son os obxectivos que persigue? - A promoción da vida sen tabaco, alcol e outras drogas - A promociónda actividade física regular e saudable, evitando o sedentarismo en todas as idades. - A promoción dunha alimentación equilibrada. - A educación para a saúde de grupos específicos.

Mais información en :
http://www.concellodelousame.com/ServizosSociais.aspx



ENQUISAS
 
Visitas: 2929



Praza Teodomiro Hidalgo-Portobravo (Lousame) - A Coruña | Teléfono: 981820494
Páxina optimizada para visualizar en Internet Explorer 6
Tódolos dereitos reservados. Queda prohibida a reprodución total ou parcial deste sitio sen o permiso expreso do Concello de Lousame