| TABOLEIRO DE
ANUNCIOS: Recibe no teu correo todas as novas
|
| BOLETOIX FEBREIRO 2012 |
| Data deste anuncio: 30/01/2012 19:40:00 Departamento:
|
|
Roteiros para a xuventude:
Estadías de fin de semana nos meses de febreiro e marzo con actividades de multiaventura para mozos e mozas de 18 a 35 anos:
Prezo: 80 € (60 € se tés o carné xove)
Actividades de windsurf, paintball, kaiak, voo en ultralixeiro… que inclúe aloxamento e pensión completa entre o venres e o domingo.
- Programa “DENDE O MAR”.
Lugar: Albergue Xuvenil de Gandarío-Bergondo (A Coruña)
Actividades: cruceiro pola ría, Kaiak, iniciación ao windsurf, etc.
- Programa “DENDE O AR”
Lugar: Aeródromo da Fervenza, en Pazos- Mazaricos.
Actividades: rappel volado, paintball, tirolina, escalada,
piragüismo, tiro cloud, escalada, cea medieval, etc.
Información e Inscrición: Oficina de Información Xuvenil do Concello de Lousame
(981 842 036 – 981 820 494)
|
| ANUNCIO CONVOCATORIA |
| Data deste anuncio: 26/01/2012 19:03:00 Departamento:
|
|
ANUNCIO DE CONVOCATORIA
Finalizado o prazo de presentación de presentación de proposicións para participar no procedemento adxudicación en réxime de concorrencia dunha licenza de autotaxi (Nº 3, con parada en Portobravo) para o Concello de Lousame, correspondente a convocatoria específica publicada no B.O.P n° 214 de 10 de novembro de 2011, así como o prazo de exposición ó público da lista de solicitantes no Boletín Oficial da Provincia, ó obxecto de que os interesados e as Asociacións profesionais de empresarios e traballadores puidesen alegar o que estimaran oportuno en defensa dos seus dereitos, esta Alcaldía en virtude das facultades conferidas pola lexislación vixente:
RESOLVE:
- PRIMEIRO.- Convocar ós Sres. integrantes da Mesa de Contratación Permanente deste Concello, cuxa composición é a que se relaciona a seguir, e atópase publicada no Beletín Oficial da Provincia da Coruña, núm. 142 de 27 de xullo de 2011:
- Presidente: D. José Santiago Freire Abeijón, alcalde do Concello, ou concelleiro en quen delegue.
Vogais:
- D. Ramón Manuel Martínez Rial.
Dona María Graciela Pedrosa Sobrido.
- D. Francisco Javier Quinteiro Rosende.
- Dona Oliva Tubío Fernández.
- D. Julio Manuel Daniel Paradela Busto, por designación do grupo político PSdeG-PSOE.
- D. Antonio Ageitos Calvo (BNG), concelleiro do grupo Mixto.
- Dona Mª Celia Nercellas Colmeiro, secretaria – interventora do Concello.
- Secretario: D. Francisco Lorenzo González, funcionario do Concello de Lousame.
- SEGUNDO.- A Mesa constituirase o vindeiro día 8 de febreiro de 2012 ás 11:00 horas, en sesión non pública, no Salón de Plenos da Casa do Concello de Lousame, ós efectos de proceder á apertura do sobre A e cualificar a documentación neles contida.
- TERCEIRO.- A apertura do sobre B efectuarase o mesmo día 8 de febreiro de 2012 ás 11:15 horas, en acto público, agás que, por estimalo conveniente, a Mesa conceda un prazo, non superior a tres días, para que o solicitante corrixa os defectos ou omisións corrixibles observados na documentación presentada. Neste caso publicarase no Taboleiro de Anuncios do Concello a nova convocatoria para a apertura dos sobres B.
Lousame, 26 de febreiro de 2012.
Asdo.: José Santiago Freire Abeijón, alcalde
|
| LOUSAME CONCILIA |
| Data deste anuncio: 25/01/2012 18:56:00 Departamento:
|
|
PRAZAS DE ASISTENCIA PUNTUAL
NO SERVIZO “LOUSAME CONCILIA”
O Concello de Lousame lémbralles ás familias interesadas que existen prazas de asistencia puntual no Servizo “Lousame Concilia” neste curso 2011/2012.
Este é un servizo de atención e coidado de menores que o Concello oferta coa colaboración da Secretaría Xeral da Igualdade e do Fondo Social Europeo.
Lévase a cabo durante o curso nas instalacións do CPI Cernadas de Castro, nas horas previas ao horario escolar, de luns a venres, dende as 7:45h ata 9:45h. Está dirixido a nenos/as de 3 a 12 anos.
Na modalidade de asistencia puntual as familias poden chamar ao teléfono do servizo 609.828853, e reservar a praza para o día que necesitan deixar ao seu fillo/a na escola antes do horario lectivo.
Máis información nos Servizos Sociais municipais, no teléfono 981.820494.:
|
| CELGA 1, CELGA2, CELGA 3 E CELGA 4 |
| Data deste anuncio: 24/01/2012 18:37:00 Departamento:
|
|
Cursos de língua galega preparatorios para as probas dos níveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
- Destinatarios: particulares e colectivos.
- Prazo de presentación de solicitudes:ata o 30 de xaneiro.
- As persoas interesadas en realizar algún curso preparatorio no Concello de Lousame deberán inscribirse antes do 28 de xaneiro.
Convocatoria de xuño de 2012 das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4
- Convocatoria de xuño de 2012.
- Prazo de inscrición: ata o 3 de abril.
Información e Inscrición: Oficina de Información Xuvenil do Concello de Lousame
(981 842 036 – 981 820 494)
|
| RUTA TÁLLARA-IROITE |
| Data deste anuncio: 12/12/2011 19:30:00 Departamento:
|
|
A Concellería de Turismo e Deportes do Concello propón para o vindeiro día 17, a inauguración da nova ruta de sendeirismo, Tállara-Iroite. Trátase dun percorrido de 18 Km cun nivel de dificultade medio-alto saíndo ás 10.30 h da igrexa de Tállara.
Máis información na Oficina de Deportes do Concello e no tfno. 981 820 494
|
| BELEN DE CUMES 2011 |
| Data deste anuncio: 12/12/2011 19:00:00 Departamento:
|
|
A Concellería de Turismo e Deportes do Concello organiza un ano máis o Belén de Cumes. Nesta ocasión farase un percorrido de 4 Km saíndo ás 10.30 h da igrexa de Tállara ata o muiño da Barreira.
Información e Inscrición no teléfono 981 820 494
|
| TEATRO DOMINGO 4 DE DECEMBRO |
| Data deste anuncio: 29/11/2011 18:34:00 Departamento:
|
O Concello de Lousame a través da concellería de cultura, anuncia a actuación do colectivo de Teatro "A Barquiña" de Noia o próximo domingo 4 de decembro, as 19.00 horas na Casa da Cultura de Lousame coa obra "O achado do castro"
|
| CONFERENCIAS E CINEFORUM LOUSAME SAUDE |
| Data deste anuncio: 21/10/2011 13:30:00 Departamento:
|
|
Documento sin título
LOUSAME SAÚDE CHEGOU A HORA!
5 SEMANAS DE
PREGUNTAS E RESPOSTAS
SOBRE MEDICINA PREVENTIVA
E HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE
ACTIVIDADES N.R.M. 16 – Ás 8 da tarde, na Casa da Cultura de Portobravo.
CONFERENCIAS
- Mércores, 2 de novembro.
Dr. Rubén Blanco: ´Diabete`
- Xoves, 10 de novembro.
Dr. José Fandiño: ´Coidados da vista`
- Xoves, 17 de novembro.
Dr. Miguel Sobrino: ´Ardor de estómago`
- Mércores, 23 de novembro.
Dr. Víctor Pedrosa: ´Hipertensión e colesterol`
- Mércores, 30 de novembro.
Dr. Ramón Orozco: ´Factores de risco no cancro de mama`
CINE FÓRUM
- Xoves, 3 de novembro.
Dieta, ansiedade, obesidade e trastornos alimenticios:
´Gordos` (2008)
- Mércores, 9 de novembro.
A importancia dos afectos e do sexo na saúde:
´La vida empieza hoy` (2009)
- Mércores, 16 de novembro.
Depresión, inactividade e alcoholismo:
´Los lunes al sol` (2002)
- Xoves, 24 de novembro.
Drogodependencia e inserción social:
´Heroína` (2005)
- Xoves, 1 de decembro.
Discapacidades, tabaco e alcohol de fin de semana:
´Yo, también` (2009)
|
| O CONCELLO NAS REDES SOCIAIS |
| Data deste anuncio: 27/04/2011 1:37:00 Departamento:
|
|
O Concello de Lousame quere acercarse cada vez mais os seus cidadans, polo que a partir do 27 de Abril o Concello da o salto as redes sociais. Podedes encontrarnos xa no facebook e en twitter nas seguintes direccións:
Esperamos deste xeito poder acercarnos a todos de forma mais próxima e que coñezades todas as noticias do Concello dende todos os medios.
|
| RUTA MINAS DE SAN FINX |
| Data deste anuncio: 16/03/2011 19:17:28 Departamento:
|
Ruta das Minas de San Finx
Dende o departamento de Deportes do Concello de Lousame queremos acercarvos o track para GPS da Ruta das Minas de San Finx. nos seguintes enlaces podedes descargalos (en formato GPX e KML) para poder introducilo no GPS e nalgúns teléfonos con esa tecnoloxía (iphone, blackberry, htc...) e dese xeito vos sexa mais sinxelo realizar a Ruta.
Por ultimo deixamosvos a referencia do track no Google Maps en forma de imaxen. Se pinchades enriba dela, agrandarase.
Tracks
|
| VISITAS GUIADAS ÁS MINAS DE SAN FINX |
| Data deste anuncio: 25/01/2011 16:28:00 Departamento:
|
|
VISITAS GUIADAS ÁS MINAS DE SAN FINX
-
Para facer visitas guiadas ao Centro de Interpretación e edificios do poboado das Minas de San Finx, chamar ao teléfono do concello de Lousame 981 820 494. Preguntar por Mª José.
|
| SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR |
| Data deste anuncio: 16/08/2010 9:00:00 Departamento: Servizos Sociais
|
|
O Concello de Lousame a través da sua Concellería de Servizos Socias oferta o Servizo de Axuda no Fogar.
Este programa ten por obxecto proporcionar no domicilio das persoas que o precisen, unha serie de atencións de carácter doméstico, social, psicolóxico e rehabilitador.
Se necesitan axuda para atencións e coidados de carácter persoal, psicosocial e educativo ou doméstico e así continuar no seu entorno podense poñer en contacto cos Servizos Sociais do Concello no teléfono 981 820 494.
|
| SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR |
| Data deste anuncio: 13/04/2010 17:00:00 Departamento: Servizos Sociais
|
|
No apartado Descargas/documentación da nosa páxina web poderán atopar os impresos necesarios para a Solicitude do Servizo de Axuda no fogar.
|