Buscador: Versión en Gallego  
BIENVENIDO         Esta Semana Resaltamos:
CULTURA
NOTICIAS Aula de Informática
MAPA AYUNTAMIENTO Biblioteca
SITUACIÓN Y DESCRIPCIÓN Banda de Música
Relieve Escuela de Música
Hidrografía Grupo de Teatro
Clima URBANISMO
Vegetación MEDIOAMBIENTE
Paisaje
DEPORTES
Población y Hábitat Instalaciones
Parroquias y Aldeas         Lo Que Está Pasando En Lousame... Actividades
Economía Hípica
HISTORIA Reserva del Pabellón
Historia Figuras del deporte
Minas de San Finx SANIDAD
Monasterio de San Xusto Centro Médico
Cura de Fruíme Concellos Saudables
PATRIMONIO EDUCACIÓN
Restos Arqueológicos Colegio de A Silva
Arquitectura Religiosa *Se muestran las noticias correspondientes a los últimos 30 días Escuela de O Sanguiñal
Arquitectura Popular         Actividades De Cultura A Destacar... Educación de adultos
Arquitectura Civil P.A.I
TURISMO Y OCIO SERVICIOS SOCIALES
Turismo ASOCIACIONES
Fiestas y Romerías Como crear una Asociación
Rutas de Senderismo Asociaciones de Vecinos
Alojamiento Asociaciones de Amas de Casa
Donde comer Asociacións de Montes
DESCARGAS Otras Asociaciones
Documentación GALERIA DE ACTIVIDADES
Otras CONTACTA CON NOSOTROS
EL AYUNTAMIENTO JUVENTUD (O.I.X.)
Equipo de Gobierno TECNICO DE EMPLEO
Servicios Municipales
METEOROLOXÍA
I.N.M.
Meteogalicia
Algunhas fotos do concello
Servicio Galego de Saude
TABOLEIRO DE ANUNCIOS:

Recibe no teu correo todas as novas

BOLETOIX FEBREIRO 2012
Data deste anuncio: 30/01/2012 19:40:00 Departamento:

Roteiros para a xuventude: Estadías de fin de semana nos meses de febreiro e marzo con actividades de multiaventura para mozos e mozas de 18 a 35 anos: Prezo: 80 € (60 € se tés o carné xove) Actividades de windsurf, paintball, kaiak, voo en ultralixeiro… que inclúe aloxamento e pensión completa entre o venres e o domingo.

  • Programa “DENDE O MAR”. Lugar: Albergue Xuvenil de Gandarío-Bergondo (A Coruña) Actividades: cruceiro pola ría, Kaiak, iniciación ao windsurf, etc.
  • Programa “DENDE O AR” Lugar: Aeródromo da Fervenza, en Pazos- Mazaricos. Actividades: rappel volado, paintball, tirolina, escalada, piragüismo, tiro cloud, escalada, cea medieval, etc.

Información e Inscrición: Oficina de Información Xuvenil do Concello de Lousame (981 842 036 – 981 820 494)



ANUNCIO CONVOCATORIA
Data deste anuncio: 26/01/2012 19:03:00 Departamento:

ANUNCIO DE CONVOCATORIA

Finalizado o prazo de presentación de presentación de proposicións para participar no procedemento adxudicación en réxime de concorrencia dunha licenza de autotaxi (Nº 3, con parada en Portobravo) para o Concello de Lousame, correspondente a convocatoria específica publicada no B.O.P n° 214 de 10 de novembro de 2011, así como o prazo de exposición ó público da lista de solicitantes no Boletín Oficial da Provincia, ó obxecto de que os interesados e as Asociacións profesionais de empresarios e traballadores puidesen alegar o que estimaran oportuno en defensa dos seus dereitos, esta Alcaldía en virtude das facultades conferidas pola lexislación vixente:

RESOLVE:

  • PRIMEIRO.- Convocar ós Sres. integrantes da Mesa de Contratación Permanente deste Concello, cuxa composición é a que se relaciona a seguir, e atópase publicada no Beletín Oficial da Provincia da Coruña, núm. 142 de 27 de xullo de 2011:
  • Presidente: D. José Santiago Freire Abeijón, alcalde do Concello, ou concelleiro en quen delegue. Vogais:
  • D. Ramón Manuel Martínez Rial.  Dona María Graciela Pedrosa Sobrido.
  • D. Francisco Javier Quinteiro Rosende.
  • Dona Oliva Tubío Fernández.
  • D. Julio Manuel Daniel Paradela Busto, por designación do grupo político PSdeG-PSOE.
  • D. Antonio Ageitos Calvo (BNG), concelleiro do grupo Mixto.
  • Dona Mª Celia Nercellas Colmeiro, secretaria – interventora do Concello.
  • Secretario: D. Francisco Lorenzo González, funcionario do Concello de Lousame.
  • SEGUNDO.- A Mesa constituirase o vindeiro día 8 de febreiro de 2012 ás 11:00 horas, en sesión non pública, no Salón de Plenos da Casa do Concello de Lousame, ós efectos de proceder á apertura do sobre A e cualificar a documentación neles contida.
  • TERCEIRO.- A apertura do sobre B efectuarase o mesmo día 8 de febreiro de 2012 ás 11:15 horas, en acto público, agás que, por estimalo conveniente, a Mesa conceda un prazo, non superior a tres días, para que o solicitante corrixa os defectos ou omisións corrixibles observados na documentación presentada. Neste caso publicarase no Taboleiro de Anuncios do Concello a nova convocatoria para a apertura dos sobres B.

Lousame, 26 de febreiro de 2012. Asdo.: José Santiago Freire Abeijón, alcalde



LOUSAME CONCILIA
Data deste anuncio: 25/01/2012 18:56:00 Departamento:

PRAZAS DE ASISTENCIA PUNTUAL NO SERVIZO “LOUSAME CONCILIA”

O Concello de Lousame lémbralles ás familias interesadas que existen prazas de asistencia puntual no Servizo “Lousame Concilia” neste curso 2011/2012. Este é un servizo de atención e coidado de menores que o Concello oferta coa colaboración da Secretaría Xeral da Igualdade e do Fondo Social Europeo. Lévase a cabo durante o curso nas instalacións do CPI Cernadas de Castro, nas horas previas ao horario escolar, de luns a venres, dende as 7:45h ata 9:45h. Está dirixido a nenos/as de 3 a 12 anos. Na modalidade de asistencia puntual as familias poden chamar ao teléfono do servizo 609.828853, e reservar a praza para o día que necesitan deixar ao seu fillo/a na escola antes do horario lectivo.

Máis información nos Servizos Sociais municipais, no teléfono 981.820494.:



CELGA 1, CELGA2, CELGA 3 E CELGA 4
Data deste anuncio: 24/01/2012 18:37:00 Departamento:

Cursos de língua galega preparatorios para as probas dos níveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

  • Destinatarios: particulares e colectivos.
  • Prazo de presentación de solicitudes:ata o 30 de xaneiro.
  • As persoas interesadas en realizar algún curso preparatorio no Concello de Lousame deberán inscribirse antes do 28 de xaneiro.

Convocatoria de xuño de 2012 das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4

  • Convocatoria de xuño de 2012.
  • Prazo de inscrición: ata o 3 de abril.

Información e Inscrición: Oficina de Información Xuvenil do Concello de Lousame (981 842 036 – 981 820 494)



RUTA TÁLLARA-IROITE
Data deste anuncio: 12/12/2011 19:30:00 Departamento:

A Concellería de Turismo e Deportes do Concello propón para o vindeiro día 17, a inauguración da nova ruta de sendeirismo, Tállara-Iroite. Trátase dun percorrido de 18 Km cun nivel de dificultade medio-alto saíndo ás 10.30 h da igrexa de Tállara. Máis información na Oficina de Deportes do Concello e no tfno. 981 820 494



BELEN DE CUMES 2011
Data deste anuncio: 12/12/2011 19:00:00 Departamento:

A Concellería de Turismo e Deportes do Concello organiza un ano máis o Belén de Cumes. Nesta ocasión farase un percorrido de 4 Km saíndo ás 10.30 h da igrexa de Tállara ata o muiño da Barreira.

Información e Inscrición no teléfono 981 820 494



TEATRO DOMINGO 4 DE DECEMBRO
Data deste anuncio: 29/11/2011 18:34:00 Departamento:
O Concello de Lousame a través da concellería de cultura, anuncia a actuación do colectivo de Teatro "A Barquiña" de Noia o próximo domingo 4 de decembro, as 19.00 horas na Casa da Cultura de Lousame coa obra "O achado do castro"

CONFERENCIAS E CINEFORUM LOUSAME SAUDE
Data deste anuncio: 21/10/2011 13:30:00 Departamento:
Documento sin título

                LOUSAME SAÚDE                        CHEGOU A HORA!

                5 SEMANAS DE
PREGUNTAS E RESPOSTAS
SOBRE MEDICINA PREVENTIVA
E HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE

ACTIVIDADES N.R.M. 16 – Ás 8 da tarde, na Casa da Cultura de Portobravo.

CONFERENCIAS

- Mércores, 2 de novembro.
Dr. Rubén Blanco: ´Diabete`

- Xoves, 10 de novembro.
Dr. José Fandiño: ´Coidados da vista`

- Xoves, 17 de novembro.
Dr. Miguel Sobrino: ´Ardor de estómago`

- Mércores, 23 de novembro.
Dr. Víctor Pedrosa: ´Hipertensión e colesterol`

- Mércores, 30 de novembro.
Dr. Ramón Orozco: ´Factores de risco no cancro de mama`

 

CINE FÓRUM

- Xoves, 3 de novembro.
Dieta, ansiedade, obesidade e trastornos alimenticios:
´Gordos` (2008)

- Mércores, 9 de novembro.
A importancia dos afectos e do sexo na saúde:
´La vida empieza hoy` (2009)

- Mércores, 16 de novembro.
Depresión, inactividade e alcoholismo:
´Los lunes al sol` (2002)

- Xoves, 24 de novembro.
Drogodependencia e inserción social:
´Heroína` (2005)

- Xoves, 1 de decembro.
Discapacidades, tabaco e alcohol de fin de semana:
´Yo, también` (2009)



O CONCELLO NAS REDES SOCIAIS
Data deste anuncio: 27/04/2011 1:37:00 Departamento:

O Concello de Lousame quere acercarse cada vez mais os seus cidadans, polo que a partir do 27 de Abril o Concello da o salto as redes sociais. Podedes encontrarnos xa no facebook e en twitter nas seguintes direccións:

Esperamos deste xeito poder acercarnos a todos de forma mais próxima e que coñezades todas as noticias do Concello dende todos os medios.



RUTA MINAS DE SAN FINX
Data deste anuncio: 16/03/2011 19:17:28 Departamento:

Ruta das Minas de San Finx

Dende o departamento de Deportes do Concello de Lousame queremos acercarvos o track para GPS da Ruta das Minas de San Finx. nos seguintes enlaces podedes descargalos (en formato GPX e KML) para poder introducilo no GPS e nalgúns teléfonos con esa tecnoloxía (iphone, blackberry, htc...) e dese xeito vos sexa mais sinxelo realizar a Ruta.

Por ultimo deixamosvos a referencia do track no Google Maps en forma de imaxen. Se pinchades enriba dela, agrandarase.

Tracks



VISITAS GUIADAS ÁS MINAS DE SAN FINX
Data deste anuncio: 25/01/2011 16:28:00 Departamento:

VISITAS GUIADAS ÁS MINAS DE SAN FINX

- Para facer visitas guiadas ao Centro de Interpretación e edificios do poboado das Minas de San Finx, chamar ao teléfono do concello de Lousame 981 820 494. Preguntar por Mª José.



SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR
Data deste anuncio: 16/08/2010 9:00:00 Departamento: Servizos Sociais

O Concello de Lousame a través da sua Concellería de Servizos Socias oferta o Servizo de Axuda no Fogar.

Este programa ten por obxecto proporcionar no domicilio das persoas que o precisen, unha serie de atencións de carácter doméstico, social, psicolóxico e rehabilitador. Se necesitan axuda para atencións e coidados de carácter persoal, psicosocial e educativo ou doméstico e así continuar no seu entorno podense poñer en contacto cos Servizos Sociais do Concello no teléfono 981 820 494.



SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR
Data deste anuncio: 13/04/2010 17:00:00 Departamento: Servizos Sociais

No apartado Descargas/documentación da nosa páxina web poderán atopar os impresos necesarios para a Solicitude do Servizo de Axuda no fogar.

 



Plaza Teodomiro Hidalgo-Portobravo (Lousame) - A Coruña | Teléfono: 981820494

Página optimizada para visualizar en Internet Explorer 8 y Mozilla Firefox
Todos los derechos reservados. Queda prohibida la reproducción total o parcial de este sitio sin el permiso expreso del Concello de Lousame