| Concello de Lousame |
| Estás en HOME/Educación/Escola de A Silva |
|||
|
C.P.I. "CERNADAS DE CASTRO" - A SILVA
O C.P.I. "Cernadas de Castro" - "A Silva" encóntrase situada no termo municipal de A Silva, na parroquia de Lousame, preto do Polideportivo Municipal "Pilar Barreiro" e da Piscina Municipal. [Ubicación] O edificio con planta baixa e 1º andar consta de dúas partes. A máis antiga foi construída no ano 1974 e nela están as aulas de primaria, de secundaria e o comedor. Na outra parte, construída no 1999, están as dependencias administrativas, a sala de profesores, o ximnasio, as aulas específicas e a biblioteca. O centro ten rampas de acceso, tanto no exterior coma no interior, e un ascensor, paliando así as barreiras arquitectónicas. No C.P.I. impártese toda a ensinanza obrigatoria, ademais de Educación Infantil e Primaria e o Programa de Cualificación Profesional Inicial (PCPI). O PCPI son una medida de atención á diversidade e a súa finalidade é favorecer a inserción social, educativa e laboral das mozas e mozos. Está dirixido ao alumnado maior de dezaseis anos que non obtivese o título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria e, excepcionalmente ao alumnado maior de quince anos. Teñen tres tipos de módulos:
O alumnado que supere os módulos específicos e os formativos de carácter xeral obterá un certificado de profesionalidade de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. O que supere, ademais, os módulos voluntarios obterá tamén o título de graduado en educación secundaria obrigatoria. Ademais disto o Colexio participa no programa " Quédate con nós", no cal o alumnado pode participar nas actividades propostas a continuación. Estas realízanse ou ben no propio centro educativo ou ben nos locais sociais do Concello fora do horario lectivo. Dito programa está subvencionado pola Consellería de Educación e desenvolvido por persoal do Concello de Lousame. O programa abarca as seguintes Actividades:
Para calquer tipo de información sobre o programa "Quédate con nos" poden contactar cos Servizos Sociais do Concello de Lousame (981 820 494). Os teléfonos de contacto do Colexio son: 981 822 010/981 823 940 A páxina web do CPI "Cernadas de Castro": http://centros.edu.xunta.es/cpicernadasdecastro/
|