Concello de Lousame    

Estás en HOME/Educación/Educación de Adultos

 

   

     O Concello de Lousame ven ofrecendo dende o ano 2005, o servicio de Educación de Adultos. Este ten como función ofrecer a oportunidade de obter o título de graduado en Educación Secundaria Obligatoria a todas aquelas persoas que así o requiran.

     O primeiro curso houbo unha matricula de 15 alumnos, e foi aumentando progresivamente cada curso, ata chegar a unha media de 50 alumnos nos últimos anos.

     A matrícula realízase pola modalidade de "A distancia" no Instituto San Clemente de Santiago de Compostela e os cursos son cuadrimestrais, é dicir, nun curso académico normal fanse dous cursos de Educación de Adultos.

     A porcentaxe de aprobados é considerablemente alta, especialmente no último curso (4ª ESO) que é cando aumenta o interese polos estudios, dada a proximidade por acadar o obxetivo final.

     Os requisitos a cumplimentar para poder matricularse nesta modalidade son:

    • Ter cumpridos os 18 anos.
    • Xustificar os estudos previos, de cara a matricularse nun modulo ou noutro. Os módulos fanse coa seguinte equivalencia:

      • Módulo I: Equivale a 1º de ESO
      • Módulo II: Equivale a 2º de ESO
      • Módulo III: Equivale a 3º de ESO
      • Módulo IV: Equivale a 4º de ESO

    • Dúas fotocopias do DNI, unha delas cotexada (con compulsa).
    • Dúas fotografías tamaño carné.

     Os prazos de matricula están abertos nos meses de Setembro-Outubro e Febreiro.

     Para máis información no seguinte teléfono: 981825780 (Casa da Cultura de Lousame)

sitemap