| Concello de Lousame |
| Estás en HOME/Deportes/Actividades |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Na actualidade, as actividades deportivas que se veñen organizando son:
No presente curso 2009-2010, hai escolas deportivas de fútbol sala, baloncesto, voleibol, tenis de mesa e tenis en horario de 13:40 a 15:30 nas instalacións deportivas do IESP "Cernadas de Castro" e no Polideportivo Municipal "Pilar Barreiro Senra". Nestas escolas deportivas hai nenos das categorías: benxamín, alevín, infantil e cadete. HORARIOS:
Esta actividade está dirixida a persoas de entre 16 e 60 anos e desenvólvese dende o 13 de Outubro ata o 9 de Xuño. O horario é cada Luns e Mércores de 19:00 h a 20:00 h no Polideportivo Municipal. Esta actividade tamén se realiza en Fruime os Mércores de 20:15 h a 21:30 h, e en Merelle o mesmo día de 19:00 h a 20:00 h. Esta actividade está dirixida a persoas maiores de 60 anos e desenvólvese dende o 13 de Outubro ata o 9 de Xuño. O horario é cada Martes e Xoves de 19:00 h a 20:00 h no Polideportivo Municipal. Esta actividade tamén se realiza en Fruime os Mércores de 17:30 h a 18:30 h. O ximnasio está aberto de luns a xoves en horario de 19:00 a 22:00 horas. Tarifas do ximnasio: O prezo público por utilización do ximnasio municipal aboaráse polo sistema de autoliquidación, pagando na Caixa Galicia na conta do Concello de Lousame. As cotas son as seguintes [1] :
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
[1] Fonte: Boletín Oficial de la Provincia nº 27 de 2 de febreiro de 2001, páxina 921, Nº 14 ORDENANZA FISCAL REGULADOR DO PREZO PÚBLICO POR UTILIZACIÓN DO XIMNASIO MUNICIPAL, Artigo 4º. Tarifas. |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||