Concello de Lousame    

VILACOBA

Situación      

      Nesta parroquia temos Os castros de Comparada e Servia, situados moi preto un doutro, sendo o primeiro o mellor conservado do concello.

      Tamén están as minas de San Finx das que se extraía wolfram e estaño, chegando a ser o motor económico do concello e dos arredores nos anos 40 e 50 do século XX. Ligada ás minas xurde a minicentral de Pías, ubicada no lugar de As Peninsas, alí onde o encaixamento do río Vilacoba é maior. Precisamente debido ás fortes pendientes, este lugar é bastante inaccesible e conserva flora autóctona.

      Dende a estrada AC-308, ó seu paso por este lugar, asómase un magnífico mirador deste profundo val.

      A principal vía de acceso a Vilacoba é a AC-308 que, dende Noia, vai ata Padrón.

 

   
  Vista de Servia Vista de Vilacoba Vista de Vilar de Reconco