| Concello de Lousame |
|
SAN XUSTO DE TOXOSOUTOS |
||||||||||||||||||||
Cabe destacar, na Parroquia de San Xusto, as fervenzas que formaron as inquietas augas do río do mesmo nome, na beira do antigo Mosteiro de San Xusto. Tamén percorrendo este río, podemos contemplar pontes medievais, ruínas de antigas fábricas de papel, pozos excavados pola forza das augas e paisaxes de singular beleza ó longo da rota de sendeirismo que trasnscorre polas beiras deste río dende San Xusto. No inicio deste percorrido temos o entorno do Mosteiro de Toxosoutos, no que aínda se conservan evidencias do mesmo coma os muíños, a horta, o pombal, etc. Para chegar a San Xusto pódese facer pola C-543 que comunica Noia con Santiago e que atravesa esta parroquia. Podemos comer no bar O monasterio na aldea de San Xusto (por encargo) ou aloxarnos e comer no impresionante albergue turístico Toxosoutos, sito na Casa Rectoral, ó pé do río.
|
||||||||||||||||||||