| Concello de Lousame |
|
TÁLLARA |
||||||||||||||||||||||||
Nesta parroquia, outro enclave natural a destacar, ademáis do Iroite, é o sobreiral de San Lourenzo, onde secelebra unha popular romería na honra deste santo, e no que hai un importante merendeiro e parque. San Lourenzo atópase, á súa vez, dentro do afloramento granítico do Confurco, que ocupa todo o sur do territorio municipal, e que forma unha paisaxe de gran beleza e importancia xeolóxica. De grande fama en toda a redonda son as festas de San Roquiño, que se celebran durante 6 días a partir do último domingo de setembro. Para comer en Tállara podemos ir ó lugar de Merelle (na estrada de Noia a Boiro) e parar no Trapeiro, ou ben ir a San Roquiño e encargar a comida na de Gumersindo. (Ver Onde Comer). A esta parroquia podemos chegar por varias estradas:
|