Concello de Lousame    

CAMBOÑO

Situación      

      Dende a aldea de Arxellas, hai excelentes vistas cara á ría de Noia-Muros, e tamén cara ó estreito val que forma o río Hornanda atravesando a parroquia. Asimesmo, cabe destacar nesta parroquia a capela de Nosa Señora da Gorgosa e a propia igrexa parroquial de San Xoán de Camboño. Dende Camboño ata algunhas praias do Concello de Porto do Son, como son As gaviotas ou A Gafa, tan só hai dous quilómetros.

      Pódese chegar dende a C-543 nun cruce que hai á altura de A Gafa ou dende Argalo.

   
  Vista da Ría de Noia-Muros dende Arxellas Igrexa Parroquial de San Xoán de Camboño