No Concello dispoñemos dun Ténico de Emprego
que leva a cabo as seguintes funcións:
- Os técnicos locais de emprego configúranse como traballadores
das entidades locais contratantes que teñen como misión
principal colaborar na implantación das políticas activas
de emprego relacionadas coa creación de actividade empresarial.
- A colaboración na imploantación das políticas
activas de emprego desenvolverase conxuntamente entre a entidade contratante
e a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións
Laborais, seguindo as directrices fixadas por esta, para o que os técnicos
locais de emprego contratados:
- Analizarán a evolución e repercusión das medidas
activas de emprego na súa zona de actuación, facilitándolle
información puntual a aquela.
- Colaborarán co resto dos integrantes da rede, na procura
da mellora da súa calidae, intercambiando coñecementos
e experiencias, así como desenvolvendo actividades e proxectos
conxuntos.
- Os técnicos locais de emprego realizarán as seguintes
funcións:
- Prospección de recursos ociosos ou infrautilizados, de proxectos
empresariais de promoción económica local e iniciativas
innovadoras para a xeración de emprego no ámbito local,
identificando novas actividaes económicas e posibles emprendedores.
- Difusión e estímulo de potenciais oportunidades de
creación de actividade entre os desempregados, promotores e
emprendedores, así como institucións colaboradores,
levando a cabo accións de sensibilización cara á
promoción dunha maior conciencia empresarial como oportunidade
de emprego.
- Acompañamento técnico no inicio de proxectos empresariais
para a súa consolidación en empresas xeradores de novos
empregos, asesorando e informando sobre a viabilidade técnica,
económica e financeira, e, en xeral, sobre os plans de lanzamento
das empresas.
- Apoio aos promotores das empresas, unha vez constituídas
estas, acompañándoos tecnicamente durante as primeiras
etapas de funcionamento, mediante a aplicación de técnicas
de consultoría en xestión empresarial e asistencia nos
procesos formativos adecuados para contribuír á boa
marcha das empresas creadas.
- Calquera outra que axude á implantación das políticas
activas de emprego na súa zona de influencia.
Enlaces de Interés:
http://www.tecnicosempregogalicia.xunta.es/RedTecnicosEmprego/portal.aspx
|