|
As formacións vexetais que temos
en Lousame, están caracterizadas polo predominio do pino marítimo Pinus
pinaster aínda que tamén se repoboou e séguese a repoboar con pino radiata,
Pinus insignis ou de Monterrey e nestes últimos anos empézase a introducir o
Pino de Oregón. Xunto a éstes tres cada vez abunda máis, chegando a predominar
na paisaxe, outra especie foránea de introdución máis recente: o eucalipto
Eucaliptus globulus.Tan só nas fragas fondas dalgúns vales se conserva algún
rodal de bosque atlántico formado por especies autóctonas coma os carballos
Quercus robur ou os castiñeiros Castanea sativa entre outras especies asociadas
ás mesmas, tales coma Alnus glutinosa (ameneiros), Corylus avellana
(abeleiras), Fraxinus excelsior (freixos), Salix sp. (salgueiros). Tamén nas
ladeiras de umbría podemos atopa-lo acivro, Ilex aquifolium.
 |
 |
 |
 |
 |
| Calluna vulgaris |
Erica tetralix
|
Woodvardia radicans |
Prímula vulgaris |
Quercus suber
|
 |
 |
 |
 |
|
| Alnus glutinosa
|
Corylus avellana
|
Vexetación de Ribeira |
Vexetación do río |
|
|