|
Dentro dos 93
km2 que abrangue o Concello de Lousame, temos un territorio con
relevo abrupto e fortes contrastes entre o fondo dos vales con pouco máis de 20
m.s.n.m. e os puntos de maior altitude que están arredor dos 700 m. (Mte.
Iroite con 685 m e a Muralla con 674 m.). Facendo unha clasificación das
unidades morfolóxicas de Lousame, pódese distinguir: en primeiro lugar, as
terras de maior altitude; imos tomar como terras altas aquélas que superan os
400 m. máis ou menos, xa que a partir desta cota o clima modificase, faise máis
fresco, e os núcleos de poboación diminúen e son de menor entidade que os que
se ubican ladeira abaixo ou nas terras máis chans. Éstas atravesan o municipio
de NW a SE indo a menos cara o interior da superficie municipal, e voltando a
destacar, notablemente, na súa parte máis occidental, onde nos atopámos co
inicio da Serra do Barbanza (Iroite 685 m), que forma a Península do mesmo
nome, e que separa as Rías de Muros - Noia e a de Arousa. As elevacións máis
importantes son: Iroite con 685 m.s.n.m., A Muralla 674 m., O Pedrido 604 m,
Pena de Ferro 529 m., Colou 509 m., Monteagudo 504 m., Coto de Tállara 483 m.,
Coto da Vista 474m., Camporredondo 441 m., Monte Castelo 359 m. A outra unidade
morfolóxica significativa é a conformada polos vales fluviais que foron
formados polo encaixamento da rede hidrográfica que encauza as augas verténdoas
cara as Rías de Arousa e Noia. É xustamente nestes vales onde se ubican a maior
parte dos núcleos de poboación.
|
|
 |
 |
|
|
|
Monte Colou |
A Muralla |
|
|