| Concello de Lousame |
|
SAN MARTIÑO DE FRUÍME |
||||
Compónse de dez aldeas: Aldarís,
Ardeleiros, Arribas, Burzó, Cabaleriza, Escabia, Fruíme, Millón, Vilas e Zaramagoso. Ocupa o extremo suroccidental
do Concello e linda con Vilacoba polo norte, con Boiro e Rianxo polo sur, con
Rianxo tamén polo este e con Lousame polo oeste. Nesta parroquia de Fruíme está
o segundo monte máis elevado do concello, A Muralla, que xunto con unha serie
de picos de entre 500 e 600 metros forman a Serra que desemboca na parroquia de
Taragoña, en Rianxo, e na que dende hai dous anos está situado o Parque Eólico
Monte Treito (coma tamén se lle chama a A Muralla).
|