| Concello de Lousame |
PARROQUIA DE SAN XOAN DE CAMBOÑO |
|||
Compónse de 10 aldeas: Arxellas,
Corral de Abaixo, Corral de Arriba, Crons, Chouza, Igrexa, Millaradelo,
Monteselo, Naval e Soutelo; sitúase no extremo máis occidental do
territorio municipal cos Concellos de Porto do Son e Noia ó Norte, o de Boiro ó
Sur, Noia e Tállara ó este e Porto do Son ó oeste. Tódalas súas aldeas están no
encaixado val que forma o río Hornanda, que nace nos montes desta parroquia e
desemboca no veciño concello de Porto do Son. |