|
Hai que salientar os vales do Río
Lobo e do Pesqueira que, separados polos montes de Berrimes, forman dous claros
camiños de Lousame cara o mar con orientación S-N e E-W. Son as terras baixas
das parroquias de Tállara e Lousame. O Río de Vilacoba percorre o Concello de E
a W, dividindo as parroquias de Vilacoba, Lesende por un lado, e Lousame, polo
outro. Ten unha importante diversidade morfolóxica, alternando treitos onde o
río vai totalmente encaixado (As Peninsas), con outros onde forma ribeiras máis
chans. Asímesmo, hai que destaca-la importancia ecolóxica deste río que estriba
na boa conservación da vexetación de ribeira en algúns dos seus tramos que
xunto cos seus magnificos pozos, que co paso do tempo a auga labrou nas pedras
sobre as que discorre o cauce do río, forman paisaxes de singular e
impresionante beleza. O San Xusto, que corre en sentido NE-SW, fai, en boa
parte do seu percorrido, de lindeiro entre os Concellos de Lousame e Noia. É o
río que forma o val máis estreito de todos, especialmente a partires de
Toxosoutos. É á altura das terras do antigo mosteiro de Toxosoutos onde éste
río forma dúas fervenzas que contribúen ó encanto natural deste curso fluvial.O
río Lobo, percorre a parroquia de Tállara de S a N, despois de nacer abaixo da
veciña Moimenta (Boiro). Forma o val no que se ubican aldeas como Tállara ou
Merelle, e a estrada AC-3101, que vai de Noia a Boiro, ten o trazado paralelo ó
seu curso. Desemboca en Noia entre San Lázaro e o Campo de Noia.E río Beluso,
coñecido como o río da Escabia, é o único que leva as súas augas á Ría de
Arousa. Despois de nacer na Portela de Aldarís, drena toda a parroquia de
Fruime discorrendo entre o Coto da Vista, Castelo de Fruime, na ribeira dereita
e o Monte da Corneta na esquerda. Réstanos o río Hornanda que vertebra a
parroquia de Camboño, situada ó N de Iroite e que desauga na Ría de Noia -
Muros, na praia de As Gaivotas.
| Fotos do Río Vilacoba: |
|
|
 |
 |
 |
|
| Fotos do Río San Xusto: |
|
|
 |
 |
|
|
| Fotos do Río de A Escabia: |
|
|
 |
 |
|
|
|