| Concello de Lousame |
|
Petroglifo de Lesende |
||||||||||||||||||||||
Ó igual que noutras partes de
Galicia, os gravados rupestres que atopamos no Agro da Costa en Lesende, foron
tallados ó longo do segundo milenio antes de Cristo. En concreto, os que temos
na parroquia de Lesende, consisten en debuxos lineais sobre unha laxe
granítica, con motivos xeométricos, nos que se distinguen cazoliñas, figuras
circulares, tanto concéntricas como puntuais e formas rectangulares ou
cadradas, ás veces case circulares con tendencia poligonal. Tamén se atopa
algún debuxo con forma de cruz.
|
||||||||||||||||||||||