|
Parroquia de San Xusto de Toxosoutos
Igrexa de Santa María (MOSTEIRO DE TOXOSOUTOS
A igrexa actual, tan só é parte do espléndido conxunto que formou no seu día o
mosteiro fundado no 1132. Debido ás posteriores remodelacións, este é de estilo
barroco.
Presenta planta dunha soa nave dividida en dous treito por un arco faixón de
medio punto, onde apoia unha bóveda de canón. No primeiro treito hai un coro,
de construcción recente e varanda de madeira de teca, e no segundo senllas
arcadas nos dous muros.
O presbiterio, lixeiramente máis estreito e de menor altura, cóbrese tamén con
bóveda de canón e ten engadida na parte posterior a sancristía, a cal non
presenta distinción volumétrica ó exterior.
A fachada principal, dun trazado peculiar, non é a orixinal. Presenta unha
torre-campanario moi esvelta e de belo trazado dándolle prestancia ó conxunto.
Está formada por tres corpos superpostos: no primeiro aparecen lixeiras
molduras nos pasamentos; o intermedio corresponde ó campanario propiamente
dito; e o terceiro consta duns pináculos e unha cupuliña sobre un esvelto
tambor octogonal.
|