|
Parroquia de Santa Xoan de Lousame
Igrexa de San Xoan de Lousame
O estilo ó que pertence é o Neoclásico, e o
emprazamento actual non corresponde ó orixinal, xa que foi trasladada a
principios do S. XX da parte baixa do val no que se atopa.
É pequena, con planta dunha soa nave con
cabeceira rematada nunha capela cadrada. Está cuberta con bóveda de canón á que
se accede a través dun arco de medio punto, ó igual que a capela maior. Esta é
lixeiramente máis estreita que a nave principal e está dotada dunha cuberta de
madeira formando tres vertentes no interior e a dúas augas no exterior. Entre a
capela maior e a lateral sitúase a sancristía.
No exterior, destaca a fachada principal,
cunha porta neoclásica decorada con pilastras laterais rematadas en pináculos,
arco plano e tímpano con arquivoltas. Enriba hai un oco de proporcións
rectangulares e un escudo a cada lado. A cornixa, con pináculos nos extremos,
remata superiormente nunha espadana de formas agraciadas, con dúas arcadas,
molduras nas pilastras, friso e decoracións de aplacados.
As campás datan de 1806, sendo refundida
unha delas no ano 1957. A última restauración tivo lugar no ano 1949.
CAPELA DE SAN CRISTOBO DE CES (LOUSAME)
Parroquia de San Xoan de Lousame
Capela de San Cristobo de Ces.
|