| Concello de Lousame |
|
IGREXIA PARROQUIAL DE SAN XOAN DE CAMBOÑO |
||||||||||||||||
Parroquia de San Xoan de Camboño É unha igrexa de planta rectangular con
porta principal adintelada. Sobre esta temos unha fornacina con columnas e
arquivoltas que alberga a San Xoan Bautista. Na parte superior hai unha fiestra
rectangular, sobre o cal temos o campanario continuando o eixe do centro da
fachada. A cuberta exterior é de tella do país a dúas augas, e no pinche a
ámbolos dous lados temos uns pináculos rematados nunha bola. Nos muros atópanse
moi poucos ocos e moi pequenos. O campanario é cadrado e está aberto polos
catro lados. Componse de dúas campás e unha cruz de ferro sobre a pequena
cúpula de pedra que serve de cuberta.
CAPELA DE SANTA MARIÑA DA GORGOSA (CAMBOÑO)
Parroquia de San Xoán de Camboño |