Concello de Lousame    

MUÍÑOS

   

Parroquia de San Xusto
Muíño en San Xusto

      Son edificios de planta rectangular ou cadrada destinados a albergar unha máquina de moer gran, tanto millo, como centeo ou trigo para o consumo animal ou humano. Debido ó abaratamento e maior facilidade e rapidez que ofrecen os modernos muiños eléctricos, caeron en desuso estas construccións nas que o gran se moía gracias á forza da auga, de aí que todos se ubicaban preto dalgún regato ou río cunha canle que lle levaba a auga.
       Normalmente teñen varios propietarios ou seareiros, que compartían o uso por turnos. Quedan abundantes exemplos ó longo dos nosos ríos, en diversos estados de conservación, aínda que o máis frecuente é que estén en proceso de deterioro, debido ó abandono no que caeron nos últimos anos.
       Están construidos en mampostería con adarxas de sillería e porta de entrada de madeira dunha soa folla. A cuberta é de tella do país a dúas augas e a maquinaría era case sempre de madeira con rodicio que podía ser de ferro. Este movía a capa sobre a moa que eran de pedra e machacaban o gran. A auga entra ó muiño, dende o río, por unha canle e volta ó río por un oco aberto na parte baixa do edificio.

Muiño en Carantoña Muíño en San Xusto Muíño en Sedofeito (Parroquia de San Xusto) Muíño en Merelle (Tállara) Muíño en Carabeiras (Tállara) Roda do muíño en Carabeiras (Tállara)