| |
 |
|
| |
Parroquia de San Xoan deCamboño
Hórreo en Corral de Abaixo
|
|
Son construccións relacionadas
coa actividade agraria creadas coa función de almacena-lo gran e as espigas
para mantelos illados da humidade da choiva, dos ratos e dos paxaros. Case
sempre se atopan dentro da propiedade e non moi lonxe da vivenda, nun sitio
alto e aireado.
En Lousame son comúns os hórreos sobre pés
de granito labrados que abarcan o ancho do hórreo. O número destes pés
circulares ou con forma de prisma con tornarratos enriba, depende da cantidade
de pousos e da lonxitude do hórreo. Os máis frecuentes teñen tres pousos. As
paredes da cámara que hai encima dos pés para almacena-lo gran, adoitan ser de
madeira ou pedra. A a cuberta é de tella do país a dúas augas e cun pinche
rematado nuns pináculos tamén de granito de diferentes formas. Habitualmente
son de forma troncocónica ou pirámides rematadas cunha pequena bola ou cunha
cruz que pode ter formas variadas. Nun pinche pode haber unha cruz e no outro
unha pirámide, e incluso nun pinche podemos topar ata tres pináculos, un no
medio máis traballado, e outros dous mais pequenos nas beiras. Os tellados
sobresaen dando protección contra a choiva ós costais que tamén poden estar
protexidos por unha lousa enteira de granito, colocada ó longo dos costais e
denominada sobrepena.
Nas fotos presentanse diferentes tipos de
hórreos que podemos ver en Lousame.
 |
 |
 |
 |
 |
| Hórreo en Bargo |
Detalle dun Hórreo en Bargo |
Hórreo en Seoane |
Detalle dun Hórreo en Seoane |
Hórreo en Tállara |
 |
 |
 |
 |
 |
| Hórreo en Chouza |
Hórreo en Camboño |
Detalle dun hórreo con pes troncocónicos en Corral de Abaixo |
Detalle da cruz dun hórreo en Corral de Abaixo |
Hórreo en Camboño |
 |
 |
|
|
Hórreo en Vilar de Tállara
(Hórreo da Casa de "Os de Ferrol") |
Hórreo en Merelle |
|
|
|