Concello de Lousame    

FONTES

   
  Parroquia de San Xusto
Fonte en San Xusto
 

      Son construccións feitas para dar saída á auga que se trae encanada dun manacial ou depósito. Soen ter un frontal traballado en pedra de cantería onde van adosados os canos de pedra ou metal (Seoane, Vilacoba, Escabia, Béxeres...).. Moitas veces aparecen asociadas a lavadoiros e pías, e outras son rematadas cun traballo moi elaborado mostrando diversos adornos, como ocorre na da Escabia.
       Ata os anos 50 ou 60 do S.XX non houbo auga corrente nas casas das aldeas de Lousame, de aí a importancia das fontes, e da súa ubicación dentro dos núcleos de poboación. Eran lugares de reunión, especialmente si había lavadoiro, e de abastecemento do líquido elemento.

Fonte en Carantoña (Tállara) Fonte en A Filgueira (Lousame) Fonte en A Gorgosa (Camboño) Fonte en Meixonfrío (Tállara) Fonte en Ponte de San Francisco (Tállara) Fonte en Soutelo (Camboño)