Concello de Lousame    

CRUCEIROS

   
  Parroquia de Fruíme
Cruceiro de Escabia
 

      O Concello de Lousame é moi rico nestes elementos arquitectónicos que sempre erguen a cruz, como o máis universal dos símbolos, nos nosos montes, encrucilladas, fontes, adros, pontes... Caracterízanse polo seu número, beleza, esveltez do varal e delicadeza nas labras dos capiteis. Destaca o de San Xusto, como un dos máis antigos do Concello (1663), o da Fonte de Quintáns de Berrimes, cunha impresionante imaxe do desencravo, obra do Santeiro de Chave (ano 1889), e o de Berrimes, estando actualmente restaurado, xa que foi parcialmente destruido. Data do S. XVI. Nalgúns casos aparecen formando conxunto con fontes, coma no caso de Camboño, ou nos adros e nos camiños das aldeas cara os cemiterios parroquiais.

Cruceiro de Ignacio - Fruíme Detalle do Cruceiro de Ignacio Cruceiro de San Xusto Detalle do Cruceiro de San Xusto Cruceiro de Seoane Cruceiro de Tállara
Cruceiro en San Roquiño Cruceiro en Meixonfrío Detalle do cruceiro en Meixonfrío Cruceiro da Ponte de San Francisco Detalle do cruceiro da Ponte de San Francisco Cruceiro de Ces

 

>>Ver estas fotos como presentación<<