|
|
 |
|
| |
Fábrica de papel de A Galiñeira
Cerquides - Parroquia de Lousame
|
|
Trátase dun edificio de dimensións máis
reducidas que a de Fontán ou a de Soutorredondo (similar á de Fontán), pero non
por eso menos interesante. Consta de dúas plantas. Na baixa, os vans son amplos
e con forma de arco de medio punto, cubertos por uns soportais que
probablemente sostiñan unha balconada na primeira planta, na cal as fiestras
son rectangurales. Ó igual que a de Fontán, a auga chégalle a través dunha
longa canle de pedra que recolle a auga río arriba.
Está situada na beira do río Vilacoba, á altura
da aldea de Cerquides, nun marabilloso entorno con bosque de ribeira de
freixos, ameneiros, abeleiras, carballos e castiñeiros que fan que aínda hoxe
en día manteña un encanto especial.
 |
 |
 |
 |
 |
| Interior da Fábrica |
Lateral interior |
Interior da Fábrica |
Interior da Fábrica |
Vista xeral |
>>Ver
estas fotos como presentación<<
|