| Concello de Lousame |
| Estás en HOME/xuventude (OIX) |
|
OFICINA DE INFORMACIÓN XUVENIL O.I.X. O.I.X. son as siglas que representan a OFICINA DE INFORMACIÓN XUVENIL. Esta oficina é un servicio que ofrece o Concello de Lousame que está subvencionada pola Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, estando integrada na Rede Galega de Información Xuvenil. Esta oficina ofrece: -Información sobre temas de interese para os xoves e promoción da participación xuvenil en calquera tipo de actividade. -Asesoramento e información sobre temas educativos: orientación e ciclos formativos, probas de acceso, cursos, congresos, tramitación de bolsas de estudio, elaboración de curriculos, etc. -Expedición do Carné Xove < 26. -Promoción do asociacionismo xuvenil. -Información sobre temas de actualidade: actividades de ocio e tempo libre (albergues, campamentos, sendeirismo, concertos) e programas da Dirección Xeral de Xuventude, actividades culturais (conferencias, congresos...), sexualidade, drogas, deporte, etc. HORARIO: -De luns a venres de 08.00 a 15.00 h. TELÉFONO: -981842036 EMAIL: -oix@concellodelousame.com |