Concello de Lousame    

BIBLIOTECA


   

A Biblioteca Pública Municipal deLousame encóntrase na primeira planta da Casa da Cultura (Portobravo).

  • Enderezo: Casa da Cultura. Portobravo s/n. 15214 Lousame.
  • Teléfono: 981825780
  • Correo eléctronico: biblioteca@concellodelousame.com
  • Horario:
    1. Mañáns:09.00-14.00 horas.
    2. Tardes: 18.00-20.00 horas.
  • Postos de lectura:
    1. 12 para adultos.
    2. 5 para nenos.
  • Servicios:
    1. Actividades Culturais.
    2. Información Bibliográfica.
    3. Sección Infantil e Xuvenil.
    4. Sección Local.
    5. Préstamo a domicilio.
    6. Lectura en sá.
    7. Lector de Cd-rom.
    8. Conexión a Internet, a través do programa "Internet nas bibliotecas"

      Este programa está dirixido ás bibliotecas públicas, a través das Comunidades Autónomas, ten por obxectivo levar a banda ancha e o uso das novas tecnoloxía ás bibliotecas públicas. Ordenadores xestionados:

      • PC (APD ALDA 865gv): son pcs instalados na Biblioteca Municipal desde os cales se poden realizar tarefas ofimáticas e acceso a Internet
      • Ordenadores de invitado: é un portátil propiedade do usuario que pode levar á biblioteca para conectarse á Internet a través da rede inalámbrica. Calquera usuario pode utilizar o se u propio ordenador portátil. Basta con que o ordenador teña a súa propia conexión WIFI e o usuario o manteña no radio de cobertura do Punto de Acceso da Biblioteca. O usuario deberá seleccionar a rede inalámbrica de nome "biblio_galicia_int", e conectarase directamente á Rede de Área Local da Biblioteca. Ademais, para poder navegar deberá estar rexistrado como usuario do sistema Internet nas Bibliotecas, o cal pode facer na propia Biblioteca de Lousame.
      • Impresora de inxección de tinta
      • Escáner


  • Fondos:
    1. Libros.
    2. Materiais específicos: DVD, Cd-Rom e Vídeo.