Concello de Lousame    
Novas totais: 25

MERECE SER MENCIONADO:


<

VENRES DE CINE
Data de publicación: 05/01/2009 10:00:00

PROXECTO CINEMAS DIXITAIS

Todos os venres durante os meses de xaneiro e febreiro de 2009, ás 22.00 h,
teremos na Casa de Cultura de Lousame a proxección de “películas galegas e en galego”.

PROGRAMACIÓN

Xaneiro

9 de xaneiro “A Atlántida

16 de xaneiro “Autopsia

23 de xaneiro “Entre bateas

30 de xaneiro “Jalisco

Febreiro

6 de febreiro “Mentíndolle á vida

13 de febreiro “O tesouro

20 de febreiro “O partido

27 de febreiro “Pataghorobi

 


<

III Xornadas de Patrimonio de Lousame.
Data de publicación: 31/07/2008 11:00:00

Xa remataron as III Xornadas de Patrimonio de Lousame: “O Estado do patrimonio industrial en Galicia e Portugal” O curso tivo unha acollida moi boa xa que contou con 67 matriculados de diferentes puntos de Galicia e de Portugal (A Coruña, Cambre, Ordes, Ames, Lousame, Muxía, Lugo, Noia,Vilagarcía, Cambados, Braga, etc.), o que nos fai ver que o tema do patrimonio fai xurdir moitas inquedanzas na xente. Quixemos combinar os relatorios máis teóricos coas visitas guiadas para que así o curso se desenvolvese dun xeito ameno. Así visitamos o casco histórico e os restos das fábricas de salga do Concello de Muros; e no caso de Lousame o Centro de Interpretación das Minas de San Finx xunto co poblado da mina e os restos do Mosteiro de San Xusto de Toxosoutos. Debido ao carácter interdisciplinar das xornadas quixemos facer unha análise do estado do patrimonio en Portugal e Galicia. Combinar exemplos da xestión do patrimonio portugués como o caso do Museu do Papel de Santa Mª da Feira ou facer unha reflexión sobre o estado do patrimonio marítimo en Galicia. Así tivemos a presenza de historiadores como Dionisio Pereira ou Juan Rodríguez Villasante-Prieto para o caso galego; e o profesor José Manuel Lopes Cordeiro e Mª Jose Ferreira dos Santos, directora do Museu do Papel para o caso portugués.Sen esquecernos do catedrático Xan Carmona Badía, que ademais de ser o director das xornadas disertou sobre a industria tradicional galega. Somos conscientes da nosa riqueza como pobo, co cal temos que darnos a coñecer, pero sempre mantendo un respecto pola nosa terra, polas nosas costumes, en definitiva, pola nosa cultura e o noso patrimonio. Un dos principais obxectivos do curso foi achegar aos asistentes a situación e o estado actual do patrimonio industrial en Galicia e Portugal, non só como receptores de información senón como partícipes de cada un dos relatorios. Que se producise unha simbiose entre o emisor e o receptor, partindo da base de que entendemos o patrimonio como algo vivo. O obxectivo último deste curso foi dar a coñecer o estado do patrimonio industrial, que tras permanecer en desuso e no esquecemento, hoxendía estase a recuperar e a revalorizar ao ser considerado como un recurso máis do noso territorio. O patrimonio é algo que forma parte do noso devir ao longo da historia como pobo. Temos que facer unha labor de investigación, catalogación e difusión do noso patrimonio industrial, para así fomentar a defensa dos nosos bens patrimoniais.

 


<

INAUGURACIÓN II EXPOSICIÓN ETNOGRÁFICA DE LOUSAME
Data de publicación: 14/05/2008 19:17:00

II Exposición Etnográfica de Lousame

A Concellería de Cultura do Concello de Lousame, dentro dos actos conmemorativos das Letras Galegas, inaugura o venres 16 de maio. ás 20.00 h a II Exposición Etnográfica de Lousame

  • Datas: do 19 de maio ó 29 de agosto
  • Horario: De 9 a 14.00 h e, durante os meses de maio e xuño, tamén de 18.00 a 20.00 h
  • Lugar: Casa da Cultura
Concellería de Cultura

 

|1| 2 3 4 5 6 7 8 9