|
 |
O Concello de Lousame, a pesar de ser un dos
máis extensos do entorno, é un dos menos coñecidos.
É por eso que esta páxina web xurde como unha fiestra para
abrir ó mundo as nosas paisaxes, as amplas panorámicas que
temos dende os nosos montes, as aldeas e as paraxes naturais dos nosos
ríos.
Neste portal comezamos por acercar
ó visitante a Lousame, con mapas, fotos e unha descrición
da xeografía e a historia. Damos tamén a coñecer,
a través duns explicativos textos e un sinfín de imaxes,
todo o referente ó noso patrimonio cultural, histórico,
natural; ós personaxes ilustres que viviron en Lousame, como o
caso de Diego Antonio Cernadas de Castro “O Cura de Fruime”.
Non nos esquecemos tampouco da relevancia que o Mosteiro de San Xusto
de Toxosoutos tivo ó longo de boa parte da Idade Media ou, xa en
épocas máis recentes, da importancia económica das
numerosas fábricas de papel ou das Minas de San Fins. Asimesmo,
incorporamos unha práctica guía turística a través
das sete parroquias, incluíndo a ruta de sendeirismo dos ríos
Vilacoba e San Xusto.
Igualmente importante é a información
de actividades do Concello á que pode acceder o internauta, ou
a sinerxía que pretendemos establecer a través do “Contacte
con Nós” ou do "Buzón
de Suxerencias".
A construcción desta páxina
supón un gran reto para un concello de escasa poboación
e hábitat rural e disperso. Presentamos un Lousame que está
en plena transformación, mellorando as infraestructuras viarias,
as de saneamento e incrementando a calidade de vida dos veciños
coa construcción de espazos de ocio nas aldeas e levando a cabo
máis actividade culturais e deportivas.
Porque cremos firmemente que merece
a pena coñecer o noso Concello, esperamos que esta nova porta que
abrimos sexa un primeiro paso para o descubrimento deste recuncho entre
dúas rías.

José Santiago Freire Abeijón
Alcalde-Presidente do Concello de Lousame
|