Este domingo 1 de agosto ás 7 da tarde terá lugar en Lousame a I Homenaxe ós músicos da Banda de Lousame. O evento celebrarase na praza Teodomiro Hidalgo (Praza do Concello) do lugar de Portobravo e nel participarán ademáis da banda anfitriona as bandas de Vilalba e a Agrupación Musical da Guarda.
Dende a súa fundación no ano 1996 teñen pasado xa moitos músicos pola formación lousamiana, que este domingo quere rendir unha homenaxe a todos eles.