 |
| Menu |  |
| Online |  |
Actualmente hay 6 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
|  |
 | O Director |
 FERNANDO FROJAN CANLE Nacido na aldea de Ces, no propio Concello de Lousame inicia os seus estudios de trombón á idade de 17 anos na Escola de Música do Sanguiñal ( Lousame ) da man do mestre Prudencio Romo (membro fundador do grupo Os Tamara) continuando no Conservatorio de Ribeira e logo no Conservatorio Superior da Coruña onde obtén no ano 2009 o título de profesor superior de trombón Durante este tempo recibe clases de Álvaro López, Carlos Badenes, Bernardo Méndez, Aníbal Sousa e Arturo Centelles e asiste a cursos de perfeccionamento con Rubén Prades, Ricardo Casero, Simeo Galduf, Alberto Urretxu, Carlos Abuín, Enrique Ferrando, John Etterbeek, Francisco Rosario, Unai Urretxu e outros. Asiste a cursos de dirección de banda con Marcel van Bree, Jan Cober , e José Rafael Pascual Villaplana, de bombardino con José Luis Vázquez “Cote” e harmonía e improvisación de jazz con Kin García e José Somoza. Colabora habitualmente con numerosas bandas de Galicia, entre elas a Banda Artística de Merza, coa cal participa en eventos coma o Certame internacional de Altea ou o Certame de bandas de música de Kerkrade ( Holanda). Colabora tamén coa Banda da Federación Galega de Bandas de música populares, coa Roberto Somoza Jazz Orquestra, coa Roberto Somoza Big Band, coa Jose Somoza Big Band, e a Big Band do COSMAC, coa cal graba un disco e participa no festival Iberojazz da Coruña dirixidos por Steve Brown e Walter White. En Decembro de 2009 estrea como solista, no Auditorio Andrés Gaos da Coruña, acompañado pola Orquestra sinfónica do COSMAC e dirixida por Rogelio Groba, a obra para trombón e orquestra OperaS RotaS, do compositor Iván Armán. Actualmente é profesor de vento metal na Escola de Música de Lousame, profesor de trombón, tuba e bombardino na Escola de Música de Outes e dirixe a Banda Municipal de Música de Lousame.
|
|
|
|
| |
| Entrar |  |
|
¿Todavía no tienes una cuenta? Puedes crearte una. Como usuario registrado tendrás ventajas como seleccionar la apariencia de la página, configurar los comentarios y enviar los comentarios con tu nombre. | |
| Enlaces Relacionados |  |
| Votos del Artículo |  |
Puntuación Promedio: 5 votos: 2

| |
| Opciones |  |
|
Tópicos Asociados
 |
|
|
Disculpa, los comentarios no están activados para esta noticia. |
|
| 
|