Xa está á venda o novo disco da Banda Municipal de Música de Lousame, gravado este pasado mes de agosto nos Estudios Mans da cidade da Coruña. O disco, que será presentado en breve, de xeito oficial coa celebración dun concerto, recolle diversos temas de diferentes estilos (pasodobles, bandas sonoras, obras orixinais para banda, musica galega, etc.).
Mediante este disco queremos facerlle unha homenaxe expresa a quen fora diretor da Banda de Lousame durante 12 anos e un dos músicos máis importantes de Galicia no ultimo medio século, Prudencio Romo.
O prezo do disco é de 10 euros e podese adquirir poñendose en contacto con nós a través do telefono ou do correo electrónico, así como nas diversas actuacións que realizamos e das que informamos nesta páxina ou no noso local de ensaio