Buscador: Versión en Castellano  
BENVIDO         Esta Semana Resaltamos:
CULTURA
NOVAS Aula de Informática
MAPA DO CONCELLO Biblioteca
SITUACIÓN E DESCRIPCIÓN Banda de Música
Relevo Escola de Música
Hidrografía Grupo de Teatro
Clima URBANISMO
Vexetación MEDIOAMBIENTE
Paisaxe
DEPORTES
Poboación e Hábitat Instalacións
Parroquias e Aldeas         O Que Esta Pasando En Lousame... Actividades
Economía Hípica
HISTORIA Reserva do Pavillón
A Historia Figuras do deporte
Minas de San Finx SANIDADE
Mosteiro de San Xusto Centro Médico
Cura de Fruíme Concellos Saudables
PATRIMONIO EDUCACIÓN
Restos Arqueolóxicos Colexio de A Silva
Arquitectura Relixiosa *Amósanse as novas correspondentes ós últimos 30 días Escola de O Sanguiñal
Arquitectura Popular         Actividades De Cultura A Destacar... Educación de adultos
Arquitectura Civil P.A.I
TURISMO E LECER SERVICIOS SOCIAIS
Turismo ASOCIACIÓNS
Festas e Romarías Como crear unha Asociación
Rutas de Sendeirismo Asociacións de Veciños
Aloxamento Asociacións de Amas de Casa
Onde comer Asociacións de Montes
DESCARGAS Outras Asociacións
Documentación GALERIA ACTIVIDADES
Outras CONTACTA CON NOS
O CONCELLO XUVENTUDE (O.I.X.)
Equipo de Goberno TECNICO DE EMPREGO
Servicios Municipais
METEOROLOXÍA
I.N.M.
Meteogalicia
Algunhas fotos do concello
Servicio Galego de Saude
TABOLEIRO DE ANUNCIOS:

Recibe no teu correo todas as novas

CONCURSOS DÍA DAS MULLERES TRABALLADORAS
Data deste anuncio: 10/03/2010 11:00:00 Departamento: Diputación da Coruña

Co gallo da conmemoración do 8 de marzo, "Día das Mulleres Traballadoras" a Deputación da Coruña propón as actividades seguintes:

Elaboración do I Mural das Mulleres da Provincia "ELAS"

Se es muller, maior de idade e resides na provincia da Coruña, anímate a participar e envíanos a túa foto (tipo carné ou retrato) para poder construír o I Mural das Mulleres da Provincia da Coruña e expoñelo na web da Deputación.

Bases de participación:

  • Ser muller, maior de idade e residir na provincia da Coruña.
  • Enviar unha fotografía por participante en formato preferiblemente dixital.
  • A fotografía enviarase ao seguinte enderezo electrónico igualdade@dicoruna.es ou ben por correo á Deputación Provincial da Coruña, Avda. Alférez Provisional 2, 15006 A Coruña, sinalando no sobre "I Mural das Mulleres da Provincia da Coruña" Servizos Sociais.
  • No interior do sobre ou ben no texto do correo electrónico debe indicarse nome e apelidos, DNI, enderezo e teléfono de contacto.
  • A participación na convocatoria supón que as mulleres que participen lle ceden á Deputación o dereito a facer uso das fotografías que configuren o mural para calquera campaña de sensibilización e información das actividades da Deputación relacionadas co fomento da igualdade entre mulleres e homes.
  • Prazo de inscripción: ata o 8 de maio 2010.

Celebración do I Concurso Viñetas Cómic "A Medias"

  • Quen pode participar?

Poderán participar todas as persoas físicas con idades comprendidas entre 12 e 18 anos, de calquera nacionalidade, que se presenten individualmente ou en grupo.

  • Como participar?

O premio concederase á viñeta que pretenda sensibilizar e resaltar actitudes positivas sobre:

  • Importancia de participar no reparto das responsabilidades familiares e das tarefas domésticas.
  • Conciliación da vida familiar, persoal e laboral.
  • Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes na inserción laboral e no desempeño de profesións tradicionalmente masculinizadas.
  • Como presentar o traballo?

Formato:

  • A viñeta ou tira de 4 viñetas presentarase como mínimo en DIN A 5 e como máximo en DIN A 4.
  • Os traballos faranse en cartolina e con técnica libre.
  • O traballo non pode asinarse.
  • O idioma empregado será o galego.

Forma de presentación: Os traballos entregaranse nun sobre pechado. No exterior deste sobre indicarase "I Concurso de Viñetas Cómic: A medias" e un pseudónimo como identificador do traballo.

Dentro deste sobre métese o traballo e un segundo sobre pechado co pseudónimo no exterior, e no seu interior a folla de aceptación dos compromisos coa convocatoria cos datos requiridos.

Cada participación só poderá presentar unha única obra orixinal e inédita e non premiada con anterioridade.

  • Prazos de presentación

O prazo de admisión de traballos ábrese o 8 de marzo de 2010 e péchase o 8 de maio de 2010 ás 23.55 h.

  • Onde presentar o traballo?

As candidaturas presentarase no Rexistro Xeral da Deputación Provincial da Coruña, Avda. Alférez Provisional 2, 15006 A Coruña, ou no indicado no art. 38.4 da Lei 30/1992, do 26 novembro, RXPAC, indicando no exterior do sobre: "I Concurso de Viñetas Cómic: A medias" Deputación da Coruña.

  • Que premios se outorgan?

Outorgarase primeiro, segundo e terceiro premio.

  • O 1º premio consistirá nun ordenador portátil e unha colección de cómics.
  • O 2º e 3º premio consistirá nunha colección de cómics.

Os premiados recibirán na entrega un recordo da súa participación no concurso.

A concesión do premio decidirase antes do 8 de xuño do 2010, e darase a coñecer a través dos distintos medios de comunicación. Avisaranse as persoas gañadoras cunha semana de antelación á entrega de premios.

  • Quen compoñerá o xurado?

O xurado estará presidido polo Sr. presidente da Deputación e formarán parte del a deputada delegada na área de Políticas de Igualdade de Xénero, a técnica de Igualdade e Políticas Públicas da Deputación, unha técnica da área de Servizos Sociais, e un profesional de recoñecido prestixio no eido das artes ou do deseño gráfico.

  • Cesión de dereitos e aceptación das bases.

A Deputación resérvase o dereito a facer uso da obra premiada, cedéndolle o autor os dereitos para que a Deputación poida empregala para calquera campaña de sensibilización e información das actividades da Deputación da Coruña relacionadas co fomento da igualdade de xénero.

A Deputación resérvase o dereito de modificar as condicións do concurso en calquera momento, incluso podendo chegar a anulalo ou deixalo sen efecto sempre que concorra causa xustificada, en todo caso comprométese a comunicalo publicamente.

Non se devolverán os traballos presentados e non premiados. A partir do día seguinte á concesión polo xurado dos premios os traballos non premiados serán destruídos.

A participación nesta convocatoria supón a total aceptación destas bases. (Estas poderán consultarse integramente en www.dicoruna.es)



COIDADORES/AS DE PERSOAS DEPENDENTES
Data deste anuncio: 09/03/2010 20:00:00 Departamento: Servizos Sociais

O Concello de Lousame en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia oferta un curso gratuito para Coidadores/as de persoas dependentes.

O prazo de inscripción está aberto ata o 20 de marzo.

Mais información: Servizos Socias do Concello ou no número 981 820 494



OFERTAS DE EMPREGO
Data deste anuncio: 22/02/2010 12:00:00 Departamento: Técnico de Emprego Local

No apartado dedicado ó emprego da nosa páxina web estamos colgando todas as ofertas de emprego que recibimos habitualmente dos diferentes organismos.

Esperamos poder axudarvos na vosa búsqueda.



XANTAR NA CASA
Data deste anuncio: 12/02/2010 11:41:10 Departamento: Servizos Sociais

O CONCELLO DE LOUSAME, en colaboración coa Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a través do Consorcio Galego, vai poñer en marcha o Programa Xantar na Casa.

Consiste en proporcionar o xantar diario nas casas daquelas persoas que presenten dificultades para a elaboración das comidas.

Aportación da persoa usuaria: 1,82€ por cada comida.

OBXECTIVOS:

  • Facilita-la permanencia no domicilio das persoas maiores proporcionando unha alimentación de calidade e nutritiva.
  • Evitar o deterioro da calidade de vida das persoas maiores por teren unha dieta inadecuada.
  • Previr situacións de risco no proceso de elaboración das comidas.
  • Facilitar un respiro ás familias y/ou coidadores e impulsar medidas de apoio.

PERSOAS BENEFICIARIAS:

  • Persoas maiores de 60 anos que teñan limitada a súa capacidade de autonomía persoal e vivan soas.
  • Persoas dependentes que carezan de apoio familiar e requiren de axuda para preparación de alimentos.
  • Persoas menores de 60 anos que se atopen en situación precaria.

Información y Solicitud: 981 820 494



EXPOSICION DE PINTURA PEDRAS FITAS
Data deste anuncio: 12/02/2010 10:29:10 Departamento: Departament de Cultura

O venres, día 12 de Febreiro, na Sala de Exposicións da Casa da Cultura do Concello de Lousame as 20:30 h terá lugar a presentación da Exposición de Pintura "Pedras Fitas" do artista Xosé Luis Veiras Manteiga.

A presentación correrá a cargo da escritora Aurora Marco e nela participará o Alcalde do Concello José Santiago Freire Abeijón e a Concelleira de Cultura e Servizos Sociais María Teresa Villaverde País.

Dende o Concello de Lousame animamosvos a que disfrutedes da exposición do artista.



PREESCOLAR NA CASA
Data deste anuncio: 02/02/2010 11:52:00 Departamento:

Un ano máis, o programa Preescolar na Casa- Educar en Familia continúa o curso  en colaboración co Concello de Lousame.

É un programa sen custo algún, dirixido ás familias que teñen nenos e nenas con idades comprendidas entre os 0 e os 3 anos. O obxectivo é acompañar na labor de educadores/as ás familias e axudarlles a resolver calquera dúbida que se presente na crianza dos seus fillos e fillas.
Este programa está moi arraigado no concello de Lousame, pois moitas familias formaron parte del ó longo dos anos, e refiren que a asistencia as reunións lles aportou a elas e ós seus fillo/as un punto de encontro con outras familias, ademais de ser o primeiro paso da socialización dos menores fóra do ambiente familiar e servirlles de preparación para o seu inicio no mundo escolar.
Tanto se o rapaz/a  asiste á gardería como se non, as familias e os menores poden  participar xa que é un programa de Formación para pais e nais.
As reunións celébranse semanal ou quincenalmente. Nestas xuntanzas de familias e nenos/as compártense dúbidas e experiencias coas outras familias, facendo actividades axeitadas a cada idade, durante as que poden  xogar relaxadamente cos fillos e fillas.
Os días e lugares de reunión son os seguintes:

  • Fruíme:  Local social Escabia
Tódolos luns de 10:30h a 12:30h

 

  • Tállara:  Local social Tállara
Os luns quincenais de 17:00h a 19:00h

Se alguén está interesado en que haxa grupo de Preescolar na Casa noutras parroquias, desexa máis información ou lle é difícil asistir ese día pode contactar cos Servizos Sociais do Concello no teléfono  981.820494 ou coa orientadora do Programa de Preescolar na Casa no teléfono  653.860755.

 



CHARLAS DE PREVENCIÓN DE ADICCIÓNS NO ÁMBITO LABORAL
Data deste anuncio: 02/02/2010 Departamento: Servizos Sociais

O alumnado do Obradoiro de Emprego, que o Concello de Lousame está a realizar nas Minas de San Finx, participa os días 29 de xaneiro, 1 e 5 de febreiro nas “Charlas de Prevención de Adiccións no ámbito laboral”. Un total de 23 homes e mulleres acoden as sesións impartidas por David Saavedra, técnico do  Plan Comarcal de Prevención de Drogodependencias. Estas charlas forman parte do Proxecto “Concellos Saudables” que se ven desenvolvendo no concello de Lousame dende fai dous anos. Céntranse en tratar o consumo de tabaco e alcol, e a influenza destas adiccións no entorno laboral da persoa e na súa calidade de vida.



TALLER AMBIENTAL TREBOL VERDE LOUSAME
Data deste anuncio: 29/01/2010 11:00:00 Departamento:

A Fundación Paideia en colaboración coa Fundación Biodiversidade a través do Programa Emplea Verde, presenta no Concello de Lousame o Curso de Capacitación Medioambiental:
Taller Ambiental Trébol Verde Lousame”, que se desenvolverá dende marzo ata xuño de 2010.Son talleres totalmente gratuítos. Terán unha duración de 70 horas, 35 teóricas e 35 prácticas, en horario de luns pola mañán e algún sábado tamén pola mañán(visitas).
A data para preinscribirse remata o día 15 de febrero de 2010.

O formulario de inscripción para o curso está no apartado de Descargas/Outras



ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDES PARA O PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL DO IMSERSO
Data deste anuncio: 15/01/2010 10:00:00 Departamento: Servizos Sociais

ESTÁ ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDES PARA O PROGRAMA DE  TERMALISMO SOCIAL DO IMSERSO   (BALNEARIOS).

REQUISITOS

  • Ser pensionista da Seguridade Social de xubilación, invalidez ou viuvez,  con  60 anos cumpridos.
  • Non padecer alteracións de comportamento, nin enfermidade infecto-contaxiosa.
  • Poder valerse por un mesmo para as actividades da vida diaria.
  • Precisar os tratamentos termais solicitados.
  • Acadar a puntuación necesaria para acceder aos balnearios (segundo necesidade tratamento, situación económica, idade, etc).
  • Aboar o prezo da praza.

SERVIZOS

  • Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa
  • Estancias de 12 días / 11 noites.
  • Recoñecemento médico ao ingresar no balneario.
  • Tratamento termal segundo o informe do médico do balneario.
  • Seguimento médico do tratamento.

PRAZO  DE SOLICITUDE

  • Ata o 15 de xaneiro de 2010 (quendas de febreiro a agosto)
  • Ata o 17 de maio 2010 ( quendas setembro a decembro) (Inclusión por orde que corresponda na lista de espera de prazas)
  • Ata o 29 de outubro de 2010 (Inclusión por orde que corresponda na lista de espera de prazas)

INFORMACIÓN E SOLICITUDE:

        
Servizos Socias do Concello de Lousame


EXPOSICIÓN FONDO GALEGO DE COOPERACION
Data deste anuncio: 23/12/2009 11:00:00 Departamento: Servizos Sociais

Na Casa do Concello de Lousame estará aberta ó público dende o día 22 de decembro ata o día 7 de xaneiro a Exposición “A paz cuestión de fondo” do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

A exposición está composta por caricaturas de 28 autores de 16 países diferentes, que nos mostran en clave visual e nalgúns casos verbal, os prexuízos que operan acerca da idea  de paz, do racismo, das diferenzas sociais ou da guerra. Son verdades en miniatura que retratan a sociedade contemporánea é a proposta desta exposición colectiva internacional, que non só serve de repaso á realidade actual, senón tamén como punto de debate cargado de sátira e ironía para amosar a cruenta realidade.

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade entende que o desenvolvemento sostible non é posible nun contexto de pobreza, violencia e racismo. Por iso, con esta exposición quere contribuír a crear un clima de opinión favorable á promoción dunha nova orde económica internacional, sen excluídos nin perdedores.

As persoas interesadas poderán visitar a exposición na Casa do Concello en Portobravo, de luns a venres, de 9:00h a 14:00h.



Praza Teodomiro Hidalgo-Portobravo (Lousame) - A Coruña | Teléfono: 981820494

Páxina optimizada para visualizar en Internet Explorer 8 e Mozilla Firefox
Tódolos dereitos reservados. Queda prohibida a reprodución total ou parcial deste sitio sen o permiso expreso do Concello de Lousame